Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.628

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996 pola que se nomea catedrático de universidade, da área de coñecemento de filosofía do dereito, moral e política, do departamento de Dereito Público Especial, a Ignacio Sánchez Cámara.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 24 de abril de 1995 (BOE do 4 de maio), para a provisión da praza número 95/026 de catedrático de universidade da área de coñecemento filosofía do dereito, moral e política, do departamento de Dereito Público Especial desta universidade, a favor de Ignacio Sánchez Cámara, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2 do artigo 5 do Real decreto 1888\1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven resolveu nomear a Ignacio Sánchez Cámara, catedrático de universidade da área de coñecemento de filosofía do dereito, moral e política, do departamento de Dereito Público Especial desta universidade.

A Coruña, 28 de novembro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

8332