Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 19 de decembro de 1996 Páx. 11.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector dos derivados do cemento.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector dos derivados do cemento, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-10-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Derivados do Cemento, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT en data 4-10-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de outubro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de derivados do cemento da provincia de Pontevedra

Capítulo I

Ámbitos, vixencia e contido xeral

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de aplicación ás industrias dedicadas á fabricación de artigos derivados do cemento, a súa manipulación e montaxe que a seguir se relacionan, no ámbito territorial da provincia de Pontevedra:

-Fabricación de formigóns preparados e argamasas para a súa subministración ás obras.

-Fabricación de productos de fibrocemento, tales como placas, tubos, accesorios e demais elementos.

-Fabricación de artigos e elementos de formigóns e argamasas de masa, armados post e pretensados,

así como artigos de celulosa-cemento e pómez-cemento, tales como lastros, baldosas, bloques, bordos, bovedillas, depósitos, formigón arquitectónico, lousas, moldeados, pedra artificial, postes, tellas, tubos, vigas e outros elementos estructurais, etc.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será se aplicación a todo o territorio da provincia de Pontevedra, sen prexuízo do disposto no artigo 1.4º do Estatuto dos traballadores.

Tamén será aplicable ás empresas doutras provincias que, accidentalmente, poidan efectuar traballos dentro desta provincia, cando as condicións do convenio para elas vixente nas súas respectivas provincias non alcance as melloras establecidas no convenio de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan incluídos no ámbito de aplicación deste convenio a totalidade das empresas e traballadores que teñan unha actividade comprendida dentro do ámbito funcional descrito no precedente artigo 1º. Exceptúanse da súa aplicación os que queden incluídos nos diferentes apartados do punto 3 do artigo 1 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Vixencia, prórroga e denuncia.

A duración do presente convenio será de cinco anos. Os seus efectos finalizarán o día 28 de febreiro do ano 2001 para todas aquelas materias de negociación que o convenio xeral do sector de derivados do cemento se atribúe como propias no seu artigo 2, se incorporasen ou non a este convenio como materia normativa.

En todas aquelas materias de negociación non atribuídas en exclusiva ó convenio xeral a duración do presente convenio será dun ano, que finalizará para tódolos seus efectos o día 28 de febreiro de 1997, e prorrogarase automaticamente por anualidades, se non media denuncia das partes, cunha anticipación de tres meses, polo menos, ó final da súa vixencia. A dita denuncia deberase facer por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio e deberáselle xuntar unha proposta concreta sobre os puntos e contido que comprenda a revisión solicitada.

Artigo 5º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto expresamente neste convenio aplicarase o convenio colectivo xeral do sector de derivados do cemento, o Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas cás que aquí se establecen deberaas conservar.

Artigo 7º.-Absorción e compensación.

As empresas afectadas polo presente convenio poderán compensar e absorbe-los aumentos ou melloras que en materia de percepcións económicas se fixan nel, sempre que as percepcións económicas realmente

aboadas ós traballadores sexan superiores ás fixadas neste no seu conxunto e cómputo anual.

Artigo 8º.-Clasificación profesional.

En canto non se produza a incorporación ó presente convenio dos acordos sobre clasificación profesional que desenvolve o convenio xeral, será de aplicación sobre a materia o disposto na Ordenanza de construcción, vidro e cerámica do 28-7-1970 nos seus anexos I-IV e II, sección primeira e sétima, que permanecerán nos niveis seguintes:

I. Persoal directivo.

II. Persoal titulado superior.

III. Persoal titulado medio, xefe adminstrativo 1ª, xefe secc. org. 1ª.

IV. Xefe de persoal, axudante de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral.

V. Xefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefe de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras.

VI. Oficial administrativo de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización de 1ª.

VII. Delineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, capataz, especialista de oficio.

VIII. Oficial administrativo de 2ª, corredor de praza, oficial de 1ª de oficio, inspector de control, sinalizador e servicios, analista de 2ª.

IX. Auxiliar administrativo, axudante topográfico, auxiliar de organización, vendedores, conserxe, oficial de 2ª de oficio.

X. Auxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, axudantes de oficio, especialistas de 1ª.

XI. Especialistas de 2ª, peón especializado.

XII. Peón ordinario. Limpador.

XIII. Botóns e pinches de 16 a 18 anos.

Capítulo II

Comisión paritaria de interpretación

Artigo 9º.-Comisión paritaria de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta paritaria de interpretación do presente convenio, presidida pola persoal que a comisión de entre os seus compoñentes no seu momento designe por unanimidade.

Serán vocais dela tres representantes por cada unha das partes, social e empresarial, intervenientes, designados na forma que decidan as respectivas organizacións e preferentemente de entre os membros compoñentes da comisión negociadora deste convenio.

Será sercretario un vocal da comisión.

Os acordos da comisión, para seren válidos, requirirán a presencia directa ou por representación de,

polo menos, dous membros de cada unha das partes empresarial e social e adoptaranse sempre pola maioría absoluta da totalidade dos compoñentes da comisión. Os acordos que adopte a comisión paritaria terán a mesma eficacia que a norma pactada interpretada.

Artigo 10º.-Funcións e procedemento da comisión paritaria de interpretación.

1. As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación de todas e cada unha das cláusulas deste convenio, exceptuando as reservadas ó convenio xeral.

b) Por instancia dalgunha das partes, mediar e/ou intentar conciliar, se é o caso e logo de acordo das partes e por solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, se poidan suscitar na aplicación deste convenio.

c) Vixilancia e seguimento do cumprimento do pactado.

2. Como trámite que será previo e preceptivo a toda actuación xurisdiccional que se promova, as partes signatarias do presente convenio se obrigan a pór en coñecemento da comisión mixta paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos de carácter xeral se puidesen suscitar en relación coa interpretación e aplicación deste, sempre que sexan da súa competencia conforme o establecido no apartado anterior, co fin de que, mediante a súa intervención, se resolva o problema suscitado ou, se isto no fose posible, emita dictame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no parágrafo 4 deste mesmo artigo sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Cando unha parte desexe utilizar algún dos supostos previstos nas alíneas a), b) e d) do parágrafo 1 deste mesmo artigo, faranlles chegar ós membros da comisión mixta de interpretación, a través das organizacións que o asinan, cunha anticipación de 15 días, documentación suficiente que conterá, como mínimo:

a) Exposición do problema ou conflicto.

b) Argumentación.

c) Propuesta de solución.

4. A comisión mixta paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo no superior a 20 días hábiles para resolve-la cuestión suscitada ou, se isto non fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen que se produza resolución nin dictame, quedará aberta a vía xurisdiccional competente.

5. A comisión poderá pedir, por vía de ampliación, canta información ou documentación considere pertinente para unha mellor ou máis completa información do asunto, para o cal concederá un prazo ó propoñente que non poderá exceder de 5 días hábiles.

6. En todo caso, as resolucións da comisión mixta paritaria de interpretación adoptarán a forma escrita e motivada.

Capítulo III

Xornada

Artigo 11º.-Xornada de traballo.

A) A xornada laboral será de 1.760 horas anuais de traballo efectivo, tanto en xornada partida como en xornada continuada.

B) O tempo de traballo efectivo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se encontre no posto de traballo encomendado.

C) En cada centro de traballo a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado neste convenio provincial e, se é o caso, o da propia empresa ou centro de traballo.

D) Tanto naquelas empresas que teñan establecida ou establezan a súa xornada de traballo de forma continuada, como naqueloutras que teñan xornada partida, os traballadores terán dereito a un descanso de 15 minutos, coñecido como tempo de bocadillo e que en ningún caso terá a consideración de tempo efectivo de traballo.

O dito período de descanso será fixado entre a dirección da empresa e os representantes dos traballadores, de acordo coas necesidades de organización de traballo e sen que en ningún momento prexudique a producción.

Artigo 12º.-Distribución da xornada.

1. As empresas poderán distribuí-la xornada establecida no artigo anterior ó longo do ano, mediante criterios de fixación uniforme ou irregular; a uniformidade ou irregularidade afectará ben a todo o cadro de persoal ou de forma diversa por seccións ou departamentos, por períodos estacionais do ano ou en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda ou calquera outra modalidade.

A distribución da xornada realizada nos termos precedentes deberase fixar e publicar antes do 15 de xaneiro de cada exercicio. Unha vez publicado o dito calendario, calquera modificación del que se pretenda implantar deberá ser acordada cos representantes legais dos traballadores.

2. Cando a empresa practique unha distribución irregular da xornada, esta limitarase ós topes mínimos e máximos de distribución seguintes: en cómputo diario no poderá excederse dun mínimo e máximo de 7 a 9 horas; en cómputo semanal os ditos límites no poderán exceder de 35 a 45 horas.

Os límites mínimos e máximos fixados no parágrafo anterior, con carácter xeral, poderán ser modificados a nivel de empresa e logo de acordo das partes, ata as seguintes referencias: en cómputo diario de 6 a 10 horas ou en cómputo semanal de 30 a 50 horas.

3. A distribución irregular da xornada no afectará á retribución e cotizacións do traballador.

4. Se, como consecuencia da irregular distribución da xornada, ó vencemento do seu contrato o traballador

realizase un exceso de horas en relación ás que corresponderían a unha distribución regular, o exceso seralle aboado na súa liquidación segundo o valor resultante da fórmula prevista no anexo V do presente convenio colectivo.

5. As empresas poderán, así mesmo, establece-la distribución da xornada nos procesos productivos continuados durante as 24 horas do día mediante o sistema de traballo por quendas. Cando a decisión empresarial implique modificación substancial de condicións de traballo, aplicarase o disposto no artigo 41 do E.T.

6. Dada a singularidade en materia de ordenación de xornada no sector de empresas dedicadas á fabricación e subministración de formigón e, con independencia da aplicación do previsto nos apartados 1, 2 , 3, 4 e 5 deste artigo, as empresas e representantes dos traballadores poderán acorda-la distribución irregular da xornada mediante a imputación a exceso de xornada ou redistribución da acordada, por períodos mensuais.

Artigo 13º.-Prolongación da xornada.

O traballo dos operarios con funcións de mantemento para a reparación de instalacións e maquinaria por causas de avarías, necesario para a reiniciación ou continuación do proceso productivo, poderase prolongar ou adiantar polo tempo estrictamente preciso.

A limpeza de utensilios ou máquinas asignadas a título individual será responsabilidade do traballador. En supostos excepcionais o tempo empregado para tal mester que exceda da xornada ordinaria aboarase ó prezo de horas extraordinarias e non terá a consideración de tales para efectos do seu cómputo.

Ós traballadores nos que de forma habitual, e excepcionalmente ós que os substitúan, concorra a circunstancia de que a súa intervención é necesaria con carácter previo ó inicio inmediato ou ó peche do proceso productivo poderáselles adiantar ou prolonga-la súa xornada polo tempo estrictamente preciso.

O tempo de traballo prolongado ou adiantado, segundo o previsto nos parágrafos anteriores, non se computará como horas extraordinarias sen prexuízo da súa compensación económica ó prezo de horas extraordinarias ou en tempos equivalentes de descanso.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Terá a consideración de hora extraordinaria cada hora de traballo que se realice sobre a duración da xornada anual establecida no artigo 11º ou parte proporcional no caso de contratos de duración inferior ó ano natural, posta en relación coa distribución diaria ou semanal que dela se establecese no correspondente calendario, segundo os criterios que se fixan no artigo 12º.

As partes asinantes comprométense a reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias.

A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria, salvo nos supostos nos que teñan a súa causa en forza maior.

Non terán a consideración de horas extraordinarias, para efectos do su cómputo como tales, o exceso das horas traballadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e de urxente reparación.

Así mesmo, tampouco terán a consideración de horas extraordinarias, para efectos do seu cómputo, as que fosen compensadas mediante descansos desfrutados dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

Artigo 15º.-Vacacións.

As vacacións anuais terán unha duración non inferior a trinta días naturais.

As empresas e os representantes dos traballadores acordarán o plan de quendas de vacacións e datas para o seu desfrute, que deberán ser coñecidas polos traballadores cunha anticipación mínima de dous meses.

Se no proceso de negociación referido non se chegase a alcanzar acordo, as empresas elaborarán o seu plan, quendas de vacacións e fixación de datas para o seu desfrute, atendendo ós seguintes criterios:

-Poderase excluír como período de vacacións aquel que coincida co de maior actividade productiva na empresa, salvo o suposto previsto no parágrafo seguinte.

-As vacacións poderán ser divididas, para efectos do seu desfrute, en dous períodos. Un deles, que, en todo caso, non será inferior a 15 días laborables, deberá estar comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive. O resto dos días de vacacións do segundo dos períodos será desfrutado nas datas que a empresa determine en función das necesidades de producción.

O cómputo para o desfrute das vacacións efectuarase por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servicios na empresa e, de non corresponderse co ano natural completo, terase dereito ó desfrute da parte proporcional de vacacións correspondentes ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

Unha vez iniciado o desfrute do período de vacacións, se sobrevén a situación de IT, a súa duración computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT, de ser aquela de superior contía.

Capítulo IV

Estructura económica

Artigo 16º.-Estructura económica.

As remuneracións económicas dos traballadores afectados por este convenio estarán constituídas por retribucións de carácter salarial e non salarial.

No anexo I deste convenio fíxanse as remuneracións económicas dos traballadores afectados por este convenio por tódolos conceptos e en cómputo anual. As remuneracións económicas fixadas no anexo I serán, así mesmo, de aplicación ós traballadores afectados polos contratos de posta á disposición establecidos no artigo 6 e seguintes da Lei 14/1994, do 1 de xuño.

Salarios. Son retribucións salariais as remuneracións económicas dos traballadores en diñeiro ou en especie que reciben pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea.

Conceptos que comprenden as retribucións salariais:

a) Salario base

b) Complementos salariais:

-De posto de traballo.

-De cantidade ou calidade de traballo.

-Pagas extraordinarias.

-Vacacións.

-Complementos de convenio.

-Horas extraordinarias.

-Antigüidade consolidada.

Complementos non salariais. Son as percepcións económicas que non forman parte do salario polo seu carácter compensatorio por gastos suplidos ou prexuízos ocasionados ó traballador ou polo seu carácter asistencial.

Artigo 17º.-Follas de salarios.

De acordo co establecido no artigo 47 do convenio xeral, o modelo de recibo de salario válido no sector de derivados do cemento axustarase ós campos de estructura contidos no modelo anexo á orde ministerial do 27 de decembro de 1994, incluíndo neles a data de antigüidade do traballador na empresa.

Os conceptos de devengo que teña dereito a percibi-lo traballador axustaranse, necesariamente, ós definidos no capítulo VIII do convenio xeral e especificaranse e relacionaranse no recibo de salarios coa precisión e claridade suficientes para que permitan ó traballador coñecer exactamente o seu contido.

Artigo 18º.-Antigüidade.

Dada a transcenencia que para as partes afectadas polo presente convenio ten o coñecemento exacto e puntual dos acordos sobre o complemento persoal de antigüidade adoptados no convenio colectivo xeral do sector de derivados do cemento para a súa translación ó presente convenio, así como a aplicación persoal a cada traballador dos efectos dos ditos acordos en materia de antigüidade consolidada, transcríbese a seguir e literalmente o contido dos ditos acordos que figuran no artigo 58 do convenio xeral.

-«Acordos sobre o complemento persoal de antigüidade.

1º. As partes asinantes do presente convenio xeral acordan a abolición definitiva do concepto e tratamento do complemento persoal de antigüidade, tanto nos seus aspectos normativos como retributivos, que ata a data se viña considerando e aplicando como consecuencia do previsto na ordenanza de traballo para a construcción, vidro e cerámica no referente a este sector de actividade, así como nos convenios colectivos desenvolvidos para a súa aplicación.

2º. Como consecuencia do dito acordo asumen, así mesmo, ámbalas partes e como contrapartida os seguintes compromisos:

a) O mantemento e consolidación dos importes que, polo complemento persoal de antigüidade, á data de publicación de cada convenio colectivo de ámbito inferior, tivese cada traballador. Ó importe anterior así determinado adicionarase, se é o caso, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada na data de entrada en vigor dos ditos convenios colectivos, calculándose por exceso ou defecto a anos completos.

b) Os importes obtidos ó amparo do previsto na letra a) manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato do traballador afectado. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salarios coa denominación de antigüidade consolidada e non é susceptible de absorción ou compensación.

c) Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos anteditos, en tódolos convenios colectivos de ámbito inferior calcularase o importe económico equivalente a seis anos de antigüidade (isto é, dous bienios e dous quintos dun quinquenio) en función dos módulos, importes ou porcentaxes que nos ditos convenios colectivos se fixen para o complemento de antigüidade ou, no seu defecto, das porcentaxes da ordenanza laboral para a construcción, vidro e cerámica de 1970.

d) O resultado da antigüidade de seis anos, calculado de conformidade co previsto na alínea c), dividirase en tres tercios. Cada un dos tercios adicionarase ó salario base dos respectivos convenios de ámbito inferior, segundo o previsto na alínea c), nos anos 1º, 2º e 3º inmediatos seguintes á entrada en vigor de cada un deles, unha vez e, con posterioridade a practicarse e aplicarse o incremento previsto na disposición derradeira primeira para o primeiro e segundo anos e o terceiro ano aplicarase o terceiro tercio na forma anteriormente descrita, unha vez e con posterioridade a terse practicado e aplicado a actualización das táboas de cada convenio de ámbito inferior, en función dos acordos que as partes acordasen no proceso de negociación.

e) Nos convenios colectivos de ámbito inferior e só para efectos de carácter informativo, figurará en táboa anexa o importe anual en pesetas por niveis, do valor do bienio e quinquenio á data inmediata anterior á de entrada en vigor deles, reiterando as ditas táboas e importes de forma invariable nos anos sucesivos».

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos de vencemento periódico superior ó mes.

-Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de

xuño e 20 de decembro, e devengaranse por semestres naturais e por cada día natural en que se devengase o salario base.

-Devengo das pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

-A contía dos ditos complementos será a que se especifica para cada un dos niveis no anexo I deste convenio, incrementada, no caso que proceda, coa antigüidade que corresponda.

-Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 20º.-Vacacións.

1º. Coa denominación de vacacións implántase o complemento salarial polo que se retribúe o período de vacacións anuais ós traballadores.

2º. O complemento salarial que se percibirá por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, a excepción das horas extraordinarias e gratificacións extraordinarias.

3º. Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que, na liquidación que se lles practique no momento da súa baixa na empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

4º. Polo contrario, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

5º. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca no transcurso do ano natural, perderase este se ó seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal, de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamento por finalización do contrato.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

1º. É o complemento salarial que deberá percibi-lo traballador polo exceso de tempo de traballo efectivo que realice sobre a duración da xornada anual establecida ou a proporcional que corresponda.

2º. As horas extraordinarias serán compensadas mediante descansos na equivalencia de: 1 hora extra realizada equivalería a 1 hora e media de descanso.

3º. Subsidiariamente, as horas extras realizadas serán compensadas mediante descansos e retribución, a razón de: 1 hora extra realizada equivalería a 1 hora de descanso e media hora retribuída ó valor da hora ordinaria.

4º. Excepcionalmente, as horas extras realizadas serán compensadas mediante pago en metálico a razón de: 1 hora extra realizada equivalería ó 130% do valor da hora ordinaria.

5º. A opción respecto da compensación en descansos ou en metálico corresponderalle ó traballador, con independencia de que, se a opción o é por compensación por descansos, a data do seu desfrute será fixada pola empresa durante os catro meses seguintes á súa realización. Con carácter xeral acumularanse os descansos por xornadas completas.

6º. Considéranse horas extraordinrais estructurais, tanto na súa definición como no tratamento, as previstas na orde ministerial do 1-3-1983.

7º. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo as realizadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, no poderá ser superior a 2 ó día, 20 ó mes e 80 ó ano.

Artigo 22º.-Complemento de convenio.

Na aplicación do previsto no artigo 56 do convenio colectivo xeral do sector de derivados do cemento, o plus de asistencia e puntualidade por día de traballo existente no artigo 16 do anterior convenio colectivo provincial denominarase no futuro complemento de convenio e percibirase en función da contía establecida para cada nivel na táboa do anexo I conforme a asistencia e puntualidade dos traballadores, de acordo cos seguintes criterios de aplicación:

A) Esta percepción aboarase na contía fixada a cada categoría profesional, por día de traballo efectivo e non se computará para o aboamento das pagas extraordinarias e festas non recuperables.

B) Incórrese en falta de puntualidade cando se entre ó traballo ou se efectúe a reincorporación a este despois da hora sinalada, calquera que sexa o atraso habido.

C) Cada falta de puntualidade leva consigo a perda do plus de asistencia e puntualidade de cinco días.

D) Cada falta de asistencia ó traballo non motivada leva consigo a perda do plus de asistencia e puntualidade de dez días.

E) O aboamento do plus de asistencia e puntualidade realizarase co salario ou soldo do mes correspondente.

Artigo 23º.-Complemento non salarial.

En aplicación do previsto no artigo 58 do convenio colectivo xeral do sector de derivados do cemento, os pluses de distancia e transporte urbano existentes nos artigos 17 e 18, respectivamente, do anterior convenio colectivo provincial quedarán refundidos nun novo complemento coa denominación de complemento non salarial, e o tratamento que o referido artigo 58

do convenio colectivo xeral lle atribúe. A dita refundición realizarase no próximo convenio colectivo provincial que entra en vigor a partir do 1-3-1997. Entrementres, e para o presente convenio colectivo, e con carácter de transitoriedade, manteranse os criterios e tratamento establecidos nos artigos 17 e 18 do anterior convenio colectivo, que para tal efecto se reproducen a seguir:

«Artigo 17. Plus de distancia. Os que vivan a máis de dous quilómetros do lugar en que se encontra a empresa percibirán por día de traballo a cantidade de 9 ptas. por quilómetro de distancia que teña que percorrer para ir desde o seu domicilio ó centro de traballo e viceversa.

Artigo 18. Plus de transporte urbano. Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán dereito á percepción dun plus de transporte urbano na contía que figura no anexo III por día traballado».

Os valores de ámbolos pluses recóllense na táboa que figura no anexo III deste convenio colectivo.

Artigo 24º.-Axudas de custo/medias axudas de custo.

1º. A axuda de custos é un concepto de devengo extrasalarial, de natureza indemnizatoria ou compensatoria, e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

2º. O traballador percibirá axuda de custos completa cando, como consecuencia do desprazamento, non poida pernoctar na súa residencia habitual. Devengarase sempre por día natural.

3º. Devengarase media axuda de custos cando, como consecuencia do desprazamento, o traballador afectado teña necesidade de realiza-la comida fóra da súa residencia habitual e non lle fose subministrada pola empresa, e poida pernoctar na citada residencia. A media axuda de custos devengarase por día efectivo traballado.

4º. As axudas de custo e medias axudas de custo percibiranse sempre con independencia da retribución do traballador e nas mesmas datas que esta; pero nos desprazamentos de máis dunha semana de duración, aquel poderá solicitar anticipos quincenais a conta e a xustificar sobre as mencionadas axudas de custo.

5º. Non se devengará axuda ou media axuda de custos cando o empresario organice e pague a manutención e aloxamento do traballador desprazado.

Así mesmo, non se devengarán medias axudas de custo cando o desprazamento se realice a distancia inferior a 10 km do centro de traballo.

Tampouco se devengarán axudas cando, concorrendo varios centros de traballo no mesmo termo municipal, se realice o desprazamento a calquera deles.

O importe da axuda de custos completa e a media axuda será o que se fixa no anexo III deste convenio.

Capítulo V

Contratación

Artigo 25º.-Forma do contrato.

A admisión de traballadores nas empresas a partir da entrada en vigor deste convenio realizarase como norma xeral a través de contrato escrito.

O contrato de traballo escrito deberase formalizar antes do comezo da prestación de servicios.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo profesional ou categoría no que queda encadrado o traballador e, en todo caso, o contido mínimo do contrato.

Considérase como contido mínimo do contrato a fixación nel da identificación completa das partes contratantes, a localización xeográfica e denominación, se é o caso, do centro de traballo ó que queda adscrito o traballador, o domicilio da sede social da empresa, o grupo, nivel ou categoría profesional, especialidade, oficio ou posto de traballo en que queda adscrito o traballador, a retribución total anual inicialmente pactada e a expresión literal do convenio colectivo aplicable.

Artigo 26º. Contratación.

Unha vez considerado apto, simultaneamente ó inicio da relación laboral, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo aportar para isto a documentación necesaria e asinando o devandito libro de matrícula.

Artigo 27º.-Período de proba.

1. Poderase concertar, por escrito, un período de proba, que en ningún caso excederá de:

-Nivel II: 6 meses.

-Niveis II, IV e V: 3 meses.

-Niveis VI e VII: 2 meses.

-Nivel VIII: 1 mes.

-Resto dos niveis: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondente ó grupo, nivel ou categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que se poderá producir por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a ningunha indemnización, debéndose comunicar-lo desistimento por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efectos computándose o tempo de servicios prestados para efectos de antigüidade.

4. A situación de IT derivada de accidente de traballo que afecte ó traballador durante o período de proba interromperá o cómputo deste.

Artigo 28º.-Modalidades de contratación.

As empresas afectadas polo presente convenio poderán celebrar calquera tipo de contrato de traballo dos previstos na lexislación vixente ou no presente convenio colectivo.

Artigo 29º.-Contrato fixo do cadro de persoal.

Entenderase como contrato de traballador fixo do cadro de persoal o que se concerte entre unha empresa e un traballador para a prestación laboral durante tempo indefinido ou que por imperativo legal ou decisión xudicial leve emparellada esa condición.

Artigo 30º.-Contrato de traballo para a realización dunha obra ou servicio determinado.

A) Segundo o teor do disposto no artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores e Real decreto 2546/1994 que o desenvolve, identifícanse como traballos ou tarefas con substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, unicamente, as seguintes actividades do sector.

a) Fabricación e subministración de formigón a unha obra determinada.

b) Os traballos de mantemento, obras ou avarías esructurais e, por tanto, habituais.

c) Aquel pedido ou fabricación para a subministración a unha obra suficientemente identificada e indetermindada na súa finalización que, polas súas características diferentes dos pedidos ou fabricacións habituais, supoña unha alteración transcendente respecto ó ritmo ou programas normais de producción.

B) Contido e réxime xurídico:

-Nos contratos de traballo que se realicen baixo esta modalidade deberase indicar con precisión e claridade o carácter da contratación e identificar suficientemente a obra ou servicio que constitúa o seu obxecto.

-A duración do contrato será a do tempo esixido para a realización da obra ou servicio.

-A utilización desta modalidade contractual requirirá, en todo caso, a confección dunha copia básica do contrato que, ademais do contido que as copias básicas do contrato reunirán con carácter xeral, expresarán necesariamente a causa obxecto do contrato, as condicións de traballo previstas nel, a especificación do número de traballadores que se prevexa intervirán na obra ou servicio, o grupo ou categoría profesional asignado ó traballador e a duración estimada da obra ou servicio. Da dita copia básica daráselle traslado dos prazos legais ós representantes dos traballadores.

-Os contratos por obra ou servicio determinado presumiranse celebrados por tempo indefinido cando neles se reflictan de forma inexacta ou imprecisa a identificación e obxecto deles, e resulte por isto practicamente imposible a comprobación ou verificación do seu cumprimento.

-Á finalización da obra ou servicio, os traballadores contratados ó abeiro da presente modalidade contrac

tual percibirán polo concepto de indemnización a cantidade equivalente ó 4,5% dos salarios de convenio devengados durante a duración da dita obra ou servicio.

Artigo 31º.-Contratos en prácticas e de aprendizaxe.

En canto no se desenvelvan especificamente no convenio xeral as modalidades de contratos en prácticas e de aprendizaxe, será de aplicación para as ditas modalidades a regulación xeral, salvo as seguintes especiais características:

-Contrato en prácticas: seranlle de aplicación os salarios fixados no anexo I do convenio.

-Contrato de aprendizaxe: seranlle de aplicación os salarios fixados no anexo I deste convenio. A idade máxima para iniciar esta modalidade de contratación será a de 22 anos.

Artigo 32º.-Contratos para atender circunstancias de mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

1. De acordo co que dispón o artigo 15.1º b) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e o Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, a duración máxima dos contratos eventuais por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poderá ser de 30 meses traballados dentro dun período de 36 meses.

Durante o período intertemporal de 36 meses poderá, ó abeiro da mesma modalidade contractual, subscribirse máis dun contrato da mesma natureza, caso no que será acumulable a duración de todos eles para efectos da duración máxima de 30 meses dentro do período de 36, salvo que entre un contrato e o seguinte se produza interrupción de máis de 6 meses; neste case estaríase ante unha nova e distinta contratación.

2. Os contratos de duración inferior a 6 meses poderanse prorrogar cantas veces o acorden as partes, dentro deste período máximo, sen limitación temporal ningunha.

A partir dos 6 primeiros meses as prórrogas posibles serán todas de 6 meses, excepto unha que poderá ser de duración inferir e a última, a duración da cal se poderá axustar ás necesidades temporais para completa-los 30 meses de duración.

3. Indemnizacións:

a) Se, esgotados os seis primeiros meses de contrato, este se prorroga por unha duración mínima de 18 meses adicionais ininterrompidos e nunha soa prórroga, á finalización de contrato a indemnización que se lle aboará ó traballador será de 18 días de salario por ano de traballo ou parte proporcional.

b) Se, esgotados os seis primeiros meses de contrato, as prórrogas foron inferiores ó termo sinalado no suposto a), ou se levasen a cabo sucesivos contratos nas condicións recollidas no apartado 1º, a indemnización á finalización do contrato ou de cada un dos múltiples posibles contratos será de 20 días de salario por ano traballado ou parte proporcional. En caso de diver

sidade de contratos, a indemnizaciónserá liquidada ó finalizar cada un deles.

c) Se a duración do contrato no supera catro meses, este estará exento de obriga indemnizatoria.

4. Os contratos que se celebren baixo esta modalidade conterán referencia expresa ó presente artigo.

5. Os contratos celebrados con anterioridade á publicación do presente convenio poderanse prorrogar ata os 30 meses e coas condicións do presente artigo.

Artigo 33º.-Disposicións comúns ós contratos de duración determinada.

Será peceptivo comunicarlle por escrito ó traballador o aviso previo de cesamento por finalización de calquera modalidade de contrato de duración determinada. O dito aviso previo realizarase cunha anticipación de, polo menos, sete días para aqueles contratos que teñan unha duración non superior a trinta días naturais e de quince días, se a duración do contrato é superior ó dito prazo. O empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos calculada sobre as táboas de convenio, sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberase incluír no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Artigo 34º.-Aviso de baixa na empresa.

Os traballadores están obrigados, cando desexen cesar no servicio da empresa, a avisala cunha anticipación de dez días; os que non o fagan así perderán un día por cada un que falte por preavisar.

Capítulo VI

Permisos, licencias e excedencias

Artigo 35º.-Licencias.

As licencias e permisos que a empresas poderán concederlles ós traballadores serán os que se recollen no cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores, unido como anexo VI ó presente convenio.

Artigo 36º.-Días festivos de convenio.

Con carácter xeral para as empresas afectadas por este convenio, e co obxecto de adecua-la xornada de traballo fixada no artigo 11º, e a súa distribución ó longo do ano, acórdase incorporar ó calendario laboral que figura no anexo VII deste convenio os días festivos. Así mesmo, con carácter xeral, fíxanse como tales os días 24 e 31 de decembro.

O presente acordo será de aplicación exclusivamente para o ano 1996.

Artigo 37º.-Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa concederase por designación ou elección para un cargo público ou sindical que imposibilite a asistencia ó traballo, e dará lugar ó dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade durante a súa vixencia. O reingreso solicitarase dentro do mes seguinte ó cesamento no

cargo público ou sindical, perdéndose este dereito se se fai transcorrido este prazo.

Artigo 38º.-Excedencia voluntaria.

1. O traballador con, polo menos, unha antigüidade na empresa de 1 ano, terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a 1 ano nin superior a 5. Nos supostos en que o traballador estea suxeito a un contrato de duración temporal, a duración máxima da excedencia voluntaria en ningún caso poderá supera-la da duración do contrato. Este dereito só poderá ser exercido de novo polo mesmo traballador, se é o caso, se transcorreron 4 anos desde o final da anterior excedencia, salvo casos excepcionais, en que de mutuo acordo se poderá reduci-lo dito prazo.

2. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, computable para efectos de antigüidade, non superior a 3 anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, contado desde a data de nacemento ou adopción deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando.

Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito. Durante o primeiro ano, a partir do inicio da situación de excedencia para coidado de fillos de ata 3 anos, terase dereito á reserva do posto de traballo.

3. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa, e sempre que o soliciten con, polo menos, un mes de anticipación ó final da excedencia.

Artigo 39º.-Excedencia especial.

Os traballadores terán, así mesmo, dereito, por unha soa vez, a un período de excedencia non superior en ningún caso a 6 meses, con dereito a reserva do posto de traballo para os supostos de atención persoal ó cónxuxe, pais, fillos ou irmáns en situación de enfermidade ou incapacidade que requira a dita asistencia. Tal situación deberá quedar necesariamente acreditada no momento da solicitude da excedencia. O incumprimento por parte do traballador excedente da condición motivadora supón un incumprimento contractual por parte do traballador que será considerado como falta moi grave.

Dadas as características especiais do presente suposto de excedencia, as partes poderán fixa-las condicións específicas da súa aplicación.

Artigo 40º.-Disposicións comúns para as excedencias.

1. Nas excedencias en que concorra a circunstancia de temporalidade do contrato, a súa duración non se verá alterada pola situación de excedencia do traballador e, en caso de chegar ó final deste durante o transcurso dela, extinguirase o dito contrato, logo da súa denuncia preavisada no prazo mínimo de 15 días, salvo pacto en contrario.

O incumprimento do prazo de aviso previo por parte do empresario suporá exclusivamente a obriga de compensar economicamente o traballador no importe dos días de falta de aviso previo no momento da súa liquidación.

2. Durante o período de excedencia, o traballador en ningún caso poderá prestar servicios que supoñan unha concorrencia; se así o fixese perderá automaticamente o seu dereito ó reingreso.

Capítulo VII

Representación colectiva

Artigo 41º.-Acción sindical.

Os delegados de persoal ou membros do comité de empresa disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo co establecido no artigo 68 do Estatuto dos traballadores. Tales horas poderán ser acumuladas nun ou máis delegados ou membros do comité de empresa, logo de consulta e acordo entre a representación sindical e a dirección da empresa, dentro dos 15 días anteriores á iniciación da dita acumulación. Os efectos e vixencia da acumulación de horas sindicais terán, en todo caso, unha duración mínima dun mes.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, as empresas facilitarán o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

En todo o demais aplicarase o disposto na lexislación laboral vixente e, en particular, nos artigos 61 a 81 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 42º.-Desconto da cota sindical.

A requirimento dos traballadores afiliados a unha central sindical, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central sindical a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta á que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as devanditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante o período dun ano.

Capítulo VIII

Prestacións complementarias ás da Seguridade Social

Artigo 43º.-Indemnizacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a percibir indemnizacións complementarias ás prestacións da Seguridade Social, nos supostos e contías que se detallan:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha doceava parte das retribucións anuais previstas no convenio aplicable en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional:

-Primeiro ano de vixencia: 4.000.000 de ptas.

-Segundo ano de vixencia: 4.250.000 ptas.

-Terceiro ano de vixencia: 4.500.000 ptas.

-Cuarto ano de vixencia: 4.750.000 ptas.

-Quinto ano de vixencia: 5.000.000 de ptas.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselles ós que o traballador falecido declarase beneficiarios e, no seu defecto, ó cónxuxe, fillos, pais, irmáns e demais herdeiros legais, por esta orde.

En canto á data de fixación de efectos do feito causante, terase en conta, en todo caso, a data en que se producise o accidente. Nos supostos de enfermidade profesional tomarase como data de efectos aquela en que declare por primeira vez a súa existencia o órgano competente.

A data de entrada en vigor na aplicación das indemnizacións anteriores será ós 30 días da entrada en vigor do presente convenio colectivo.

Artigo 44º.-Incapacidade temporal.

As empresas completaranlles ós seus traballadores a prestación económica da Seguridade Social por incapacidade temporal ata o 100% do salario convenio, nos casos derivados de accidente de traballo. Cando a situación de I.T. derive de accidente de traballo non laboral ou enfermidade, as empresas completarán a prestación económica da Seguridade Social ata o 100% do salario convenio, a partir do vixésimo primeiro día de baixa.

Así mesmo, durante a hospitalización os traballadores terán dereito a que se lles complete a prestación de I.T. ata o 100% do salario convenio.

Por salario convenio entenderase, para estes efectos, o salario base, antigüidade consolidada e complemento de convenio.

Artigo 45º.-Xubilación ós 64 anos.

As empresas e os traballadores poderán pactar xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto lei 1481/1981, do 20 de agosto, e o Real decreto 2705/1981, do 19 de outubro, debendo as empresas cubri-las ditas vacantes con traballadores desempregados rexistrados nas oficinas de emprego en número igual ó de xubilacións anticipadas que se pacten, por calquera das modalidades de contratos vixentes na actualidade, excepto as contratacións a tempo parcial, cun período mínimo de duración en todo caso superior ó ano e tendendo ó máximo legal respectivo.

Artigo 46º.-Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, e con independencia dos supostos de xubilación voluntaria anticipada, establécese a xubilación forzosa ós 65 anos

de idade dos traballadores que teñan cuberto o período legal de carencia para a obter.

Artigo 47º.-Roupa de traballo.

As empresas entregarán con carácter obrigatorio cada ano ó persoal que o precise polo seu posto de traballo dúas fundas ou chaquetas e dous pantalóns, á escolla do traballador, así como dous pares de calzado adecuado á súa actividade. Un dos equipos entregarase no mes de febreiro e o outro no mes de xullo.

Igualmente, as empresas proverán de luvas ós traballadores que proceda.

As pezas de roupa anteriores deberán ser da calidade suficiente para que cumpran o fin para o que foron adxudicadas.

Esta norma é aplicable non só ós traballadores que actualmente estean a prestar servicios na empresa, senón tamén ós que no futuro causen alta nela.

Artigo 48º.-Outorgamento de posto de traballo.

Cando o conductor de vehículos de tracción mecánica ó servicio dunha empresa afectada por este convenio se vexa privado, temporal ou definitivamente, do oportuno permiso de conducir por disposición da autoridade competente, a empesa terá a obriga de colocalo noutro posto de traballo compatible coas súas aptitudes e coñecementos, sempre que a dita privación se producise con ocasión de prestar servicios para a empresa e nun vehículo propiedade desta.

Artigo 49º.-Aviso de baixa na empresa.

Os traballadores están obrigados, cando desexen cesar no servicio da empresa, a avisala cunha anticipación de dez días; os que no o fagan así perderán un día por cada un que falte por preavisar.

Artigo 50º.-Revisión médica.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual a cargo da empresa e en concerto cos servicios de seguridade e hixiene no traballo, coa excepción de que as empresas cun elevado índice de toxicidade lles farán ós productores dúas revisións anuais.

Se, como consecuencia das revisións médicas anteditas, se constatase a existencia dalgunha enfermidade descoñecida para o traballador, a empresa facilitaralle a concesión da licencia precisa para que poida acudir a realizar un control exhaustivo da dita enfermidade.

Artigo 51º.-Absentismo.

Exposición de motivos. As partes asinantes deste convenio recoñecen o grave problema que para o sector supón o absentismo e entenden que a súa reducción implica tanto un aumento da presencia do traballador no posto de traballo como a correcta organización da medicina na empresa e da Seguridade Social, xunto cunhas adecuadas condicións de seguridade e hixiene e ambiente de traballo, para unha efectiva protección da saúde física e mental dos traballadores.

De igual forma, as partes son conscientes do grave quebranto que na economía produce o absentismo can

do se superan determinados niveis, así como a necesidade de reducilo, dada a súa negativa incidencia na productividade.

Para conseguir adecuadamente estes obxectivos,

-Acordan:

1. Durante a vixencia deste convenio, as empresas que reúnan un número non inferior ó 51% dos traballadores do sector comprométense a presentar mensualmente ante a comisión paritaria os datos relativos ó absentismo de cada unha delas, co obxecto do seu coñecemento e análise, para o que utilizarán o impreso incorporado a este convenio como anexo IV.

2. Entenderanse, en todo caso, como causas excluídas do concepto de absentismo, as previstas no artigo 52 d) do Estatuto dos traballadores.

3. A media ponderada dos índices de absentismo, recollidos mediante a fórmula prevista nos puntos anteriores, recoñecerase como referencia válida do índice de absentismo medio do sector de derivados do cemento na provincia de Pontevedra, que dará lugar ás negociacións de acordos tendentes á súa diminución, con efectos da entrada en vigor do próximo convenio colectivo.

Artigo 52º.-Partes asinantes.

O presente convenio foi negociado polos sindicatos Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores e Confederación Intersindical Galega, en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios de Derivados do Cemento da provincia de Pontevedra, polos empresarios, e asinado polos sindicatos Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores, en representación dos traballadores, e a Asociación Provincial de Empresarios Derivados do Cemento da provincia de Pontevedra.

-Cláusula de inaplicación de incrementos salariais.

As empresas poderán solicita-la non aplicación dos incrementos salariais totais ou parciais cando se dean os seguintes supostos:

a) Cando a empresa se encontre en situación legal de suspensión de pagamentos, quebras, concurso de acredores ou calquera outro procedemento que declarase a situación de insolvencia provisional ou definitiva da empresa, sempre que non exista ningún expediente de regulación de emprego por estas causas; de existir, observarase o disposto na alínea b).

b) Cando a empresa se encontre en expediente de regulación de emprego que afecte, polo menos, ó 20% do cadro de persoal, orixinado por causas económicas, e sempre que fose aceptado polos representantes legais dos traballadores.

c) Cando a empresa acredite, obxectiva e de maneira que faga fe, situacións de perdas de explotación que afecten substancialmente a estabilidade económica da empresa nos excercicios contables anteriores a aquel en que se pretende implantar esta medida.

Tomaranse como referencia para o cálculo do resultado anteriormente citado os modelos de contas anuais

do Plan Xeral Contable, así como os gastos e ingresos financeiros.

d) Cando se presente na empresa afectada o acaecemento dun sinistro ou sinistros a reparación dos cales supoña unha grave carga financeira ou de tesourería, esta circunstancia non suporá unha posible inaplicación dos incrementos salariais senón, en todo caso, unha suspensión temporal do aboamento. As partes afectadas negociarán a duración desta suspensión. Unha vez producida a recuperación económica, aboaranse os incrementos obxecto da suspensión con efectos retroactivos á data de inicio da non aplicación.

-Procedemento:

1. As empresas nas que, ó xuízo delas, concorran as circunstancias expresadas, comunicaranlles ós representantes dos traballadores na empresa o seu desexo de acollerse ó procedemento regulado neste artigo, no prazo de trinta días naturais contados desde a data de publicación oficial de tales incrementos, salvo para o caso d), onde o prazo comezará a contar desde a data do sinistro.

De igual forma e no mesmo prazo, comunicaráselle esta intención á comisión paritaria do convenio colectivo correspondente.

Cando nunha empresa non existise representación legal dos traballadores, actuará como garante, practicándose tódalas actuacións contidas neste artigo, a comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo correspondente.

Simultaneamente á comunicación, a empresa facilitaralle á representación legal dos traballadores a seguinte comunicación:

1.1. Documentación económica que consistirá nos balances de situación e conta de resultados dos dous últimos anos.

1.2. A declaración para efectos do imposto de sociedade, tamén referidos ós dous últimos anos.

1.3. Informe do censor xurado de contas cando exista obriga legal.

1.4. Plan de viabilidade da empresa.

No suposto previsto na alínea d) a documentación á que aluden os puntos 1.1, 1.2 e 1.3 só será esixible respecto ó exercicio contable inmediato anterior. Neste caso esixirase ademais certificación do saldo de tesourería existente na data de presentación do sinistro.

Dentro dos seguintes catorce días naturais as partes deberanse pronunciar sobre a procedencia ou improcedencia na aplicación desta cláusula.

O resultado desta negociación seralle comunidado á comisión paritaria do convenio colectivo correspondente no prazo dos cinco días seguintes a terse producido o acordo ou desacordo, achegando a documentación utilizada e procedéndose da forma seguinte:

a) En caso de acordo, a empresa e os representantes dos traballadores comunicarán a porcentaxe de incrementos salariais que se aplicarán ou a súa inaplicación.

A comisión competente ratificará ou denegará o dito acordo.

b) En caso de non haber acordo, a comisión paritaria de interpretación examinará os datos postos ó seu dispor, pedirá a documentación complementaria que considere oportuna e os asesoramentos técnicos pertinentes, oirá as partes e deberase pronunciar sobre se na empresa solicitante concorren ou non as circunstancias esixidas no parágrafo primeiro desta cláusula.

Os acordos da comisión mixta do convenio colectivo correspondente tomaranse por unanimidade.

Os prazos establecidos nesta cláusula serán de caducidade para tódolos efectos.

Os representantes legais dos traballadores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e dos datos a que se tivese acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto a todo isto sixilo profesional.

Non poderán facer uso desta cláusula as empresas durante dous anos consecutivos.

Finalizado o período de inaplicación, as empresas afectadas obríganse a proceder á actualización inmediata dos salarios dos traballadores; para isto apli

caranse sobre os salarios iniciais os diferentes incrementos durante o tempo que durou a aplicación desta cláusula.

Exceptúase da aplicación do parágrafo anterior a causa prevista na alínea d) deste artigo, co procedemento de actualización que queda implicitamente regulado no dito apartado.

Disposicións transitorias

Primeira.-Con aplicación exclusiva para o ano 1996, as empresas que desexen aplicar unha distribución irregular da xornada segundo o previsto nos artigos 11º e 12º deste convenio poderana fixar e publicar co límite temporal de ata un mes despois da data da súa publicación.

Segunda.-Considerando o avanzado do ano no momento da sinatura do convenio, as empresas afectadas por el asumen o compromiso de que, se existisen días de vacacións pendentes de desfrutar, seranlles outorgados ós traballadores para o seu desfrute sempre antes do día 15 de decembro de 1996.

Disposición adicional

O texto do presente convenio será redactado nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, castelán e galego.

ANEXO I

Pagas extraordinarias

NivelCategoríaSalarioComplementos

asistencia

XulloNadalR.A.

2Persoal titulado superior204.311730197.917197.9173.173.801
3Persoal titulado medio-xefe administrativo173.484623168.055168.0552.714.942
4Xefe persoal-Axud. de obra-Enc. xeral de fábrica.145.032549140.493140.4932.298.192
5Xefe admtvo. 2ª-delineante superior-Enc. xeral obra-xefe sección-xefe obra.130.654488126.565126.5652.081.147
6Oficial Admtvo. 1ª-delineante 1ª-xefe enc. taller ou labor.121.818458118.005118.0051.949.605
7Delineante 2ª-xiaxante-capataz. esp. de oficio115.179442111.574111.5741.852.907
8Oficial Admtvo. 2ª-oficial 1ª de oficio.108.522410105.125105.1251.751.389
9Auxiliar Admtvo.-oficial de 2ª de oficio.105.230398101.936101.9361.702.231
10Aux. laboratorio-vixilante almaceneiro-cobrador-Aux. de oficio-especialista 1ª.101.92138998.72898.7281.653.650
11Especialista 2ª-peón especializado.98.62737795.50995.5091.604.408
12Muller limpeza-peón corrente96.88436093.85293.8521.575.537
13

(1)

Asp. Admtvo.-aprendiz 3º e 4º ano-pinche 17 e 18 anos.58.88028558.88058.8801.029.070
14

(1)

Pinche 16 anos51.12626751.12651.126915.600

(1) Estes salarios serán de aplicación para os contratos de aprendizaxe.

ANEXO II

Táboa de referencia de antigüidade anual o 29-2-1996 (dous bienios máis dous quintos dun quinquenio) (Artigo 58.2º e) C. xeral)

NivelCategoríaAntigüidade

2Persoal titulado superior230.184
3Persoal titulado medio-xefe Admtvo.195.456
4Xefe persoal-axudante de obra-encargado xeral fábrica163.392
5Xefe administrativo 2º-delineante superior-encargado xeral de obra-xefe sección-xefe de obra147.204
6Oficial administrativo 1º-delineante 1º-xefe encargado taller ou laboratorio.137.280
7Delineante 2ª-viaxante-capataz-especialista de oficio.129.768
8Oficial administrativo 2º-oficial 1º de oficio.122.280
9Auxiliar administrativo-oficial de 2ª de oficio118.584
10Auxiliar laboratorio-vixilante almaceneiro-cobrador-axudante de oficio-especialista 1ª.114.936
11Especialista 2ª-peón especializado.112.260
12Muller limpeza-peón corrente.109.164

ANEXO III

Táboa de valores para a axuda de custos e a mediaTáboa de valores para o complemento non salarial.

axuda de custos.-Axuda de custos con pernoctación: 5.030-Plus de distancia: 9-Axuda de custos sen pernoctación: 2.900-Plus de transporte: 465

ANEXO IV

Cadro de persoal

Horas/días

Esixibles

Concepto e

% horas

Horas/

Días

Perdidos %

Horas/

Días

Perdidos %

Horas/

Días

Perdidos %

Horas/

Días

Perdidos %

Horas/

Días

Perdidos %

Horas/

Días

Perdidos %

Atrasos
Faltas
Sancións
Licencias non reatribuídas
Enfermidade
Accidente non laboral
Outros

Total

ANEXO V

Para os efectos do disposto no capítulo III, artigo 12º do presente convenio, a fórmula para determina-lo valor/hora co fin de aboar posibles excesos en supostos de distribución irregular da xornada será a seguinte:

SB+AC+PI+CC+CP+CCC+GE+V=Valor hora ordinaria

Horas anuais de traballo efectivo

Sendo:

SB: salario baseCP: complementos de posto de traballo

AC: antigüidade consolidadaCCC: complementos por cantidade e/ou calidade de traballo

PI: posibles pluses individuais ou complementos persoaisGE: gratificacións extraordinarias

CC: complemento de convenioV: importe das vacacións anuais

ANEXO VI

Convenio Colectivo Provincial de Ourense de Construcción. Axuste salarial sobre o I.P.C. Incremento 0,80%

Conceptos a percibir

Motivos da licenciaTempo máximoS.

base

Antig.tran.Dist.Asist.Xustificantes

Falecemento ou enfermidade grave de pai, pais políticos, fillos, cónxuxe, compañeiro/a.5 días naturaisSiSiNonNonNonEsquela e/ou documento en que se acredite o parentesco. Certificado médico. Deberá constar certificación da gravidade. Certificado de convivencia.
Falecemento ou enfermidade grave de avós, avós políticos, xenros, noras, irmáns e cuñados.4 días naturais ampliables a 5 en caso de desprazamento.SiSiNonNonNonEsquela ou documento en que se acredite parentesco. Certificado médico. Deberá especificar gravidade.
Falecemento outros familiares.4 horasSiSiSiSiSiEsquela ou documento acreditativo do parentesco.
Nacemento de fillo3 días laborables ampliablesSiSiNonNonNonLibro de familia ou certificado do xulgado.
Matrimonio do traballador.15 días naturais.SiSiNonNonNonLibro de familia ou certificado do xulgado ou da igrexa.
Matrimonio de fillos ou irmáns e novas nupcias de pais.1 día naturalSiSiNonNonNonCertificado do xulgado ou Igrexa con acreditación de parentesco. Invitación.
Traslado de domicilio habitual, traslado do enxoval da casa.1 día laborableSiSiNonNonNonCertificado dos ervicio de empadroamento.
Enfermidade e consulta médica, consulta a especialista S.O.E. prevista polo médico de cabeceira.Polo tempo necesario. Máximo 5 horas/díaSiSiSiSiSiCopia volante médico medicina S.O.E. Xustificante asistencia médico especialista.
Consulta médico medicina xeral. Acompañar ó médico un familiar de 1ª grao inválido psíquico ou físico.4 horas/día. Máximo 5 horas/díaSiSiSiSiSiCertificado médico S.O.E. ou outro.
Lactancia.1 hora seguida ou reducción de 1/2 hora á escolla da traballadora (9 meses despois do parto)SiSiSiSiSiCertificado parto.
Cargo sindical ou público.O tempo legalSiSiSiSiSiO que proceda.
Inescusables de carácter público
Eleccións

Tribunais ordinarios:

Polo tempo necesarioSiSiSiSiSiCertificado mesa electoral
-TestemuñaPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación
-DemandantePolo tempo necesarioCitación

Conceptos a percibir

Motivos da licenciaTempo máximoS.

base

Antig.tran.Dist.Asist.Xustificantes

-DemandadoPolo tempo necesarioCitación
Xulgados do social:
-TestemuñaPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación
-DemandantePolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación
-DemandadoPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiXustificando a citación
-Prestación a quintasPolo tempo necesario

ANEXO VII

Colectivo: derivados do cemento.

Sector de actividade: derivados do cemento (artigo 1.c.c.)

Xornada anual: 1.760.

Xornada semanal: ---

Descanso en xornada: 15 minutos.

Tratamento: no traballo efectivo.

Festivos previstos no convenio: 24 e 31 de decembro.

Outros festivos:

Estatais: 10. Autonómicos: 2. Locais: 2, segundo BOP 28-11-1995.

DíasOutubroNovembroDecembroXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembro

1EEDED

2D

3DD

4DED

5ED

6EDE

7DDD

8DD

9D

10DD

11DD

12DE

13D

14DDD

15EDD

16D

17DAD

18DD

19D

20D

21DDD

22DD

23D

24DDC

25DADE

26D

27D

28DDD

29DD

30D

31DC

Horas

E= Festivo estatal. V= Vacación.

A= Festivo autonómico. P= Ponte.

L= Festivo local. J= Axuste xornada.

C= Festivo convenio.

96-8626