Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias municipais en Areas-Bordóns.

A Corporación Municipal en Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o 21 de outubro de 1996, acordou prestar aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias municipais en Areas-Bordóns, e o mencionado acordo ten a parte dispositiva que segue:

Primeiro.-Aprobar definitivamnete a modificación puntual das normas subsidiarias municipais en Areas-Bordóns.

Segundo.-O acto de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, comprensivo do alcance da modificación.

Terceiro.-Daráselle traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado, con tódolos planos e documentos que integran a modificación puntual das normas subsidiarias municipais, debidamente dilixenciado polo secretario do concello.

Cuarto.-A eficacia da aprobación definitiva e a entrada en vigor da modificación puntual das normas subsidiarias municipais, queda condicionada á xustificación no expediente de estar cumprido o descrito nos apartados anteriores.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente e no prazo de dous meses, recurso contencioso-adminis

trativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo da comunicación ó órgano autor do acto ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 14 de novembro de 1996.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

8660