Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

EDICTO.

De conformidade co establecido no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, faise público o acordo adoptado polo Concello Pleno en sesión celebrada o día vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e seis:

4. III. Plans de urbanismo: aprobación definitiva -se procede- do texto refundido da revisión das normas de planeamento de ordes. Dáse conta do informe sobre o proxecto de revisión das normas subsidiarias de planeamento de Ordes, emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 16 de novembro de 1996, que na súa parte dispositiva, literalmente di: «Por todo o exposto, coa última documentación remitida, considéranse cumpridas as observacións do anterior informe desta consellería, polo que se informa favorablemente o proxecto de revisión das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Ordes. Unha vez aprobado definitivamente polo concello, dárselle cumprimento o disposto no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño».

E visto o texto refundido no que se recolle a documentación adecuada ó informe que antecede, oído o informe do secretario-interventor, a corporación

por nove votos a favor o que supón a maioría absoluta legal, acordou:

1º Aprobar definitivamente o texto refundido de revisión das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Ordes.

2º Que se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia conforme o previsto no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño.

3º Que se publiquen as normas e ordenanzas para a súa entrada en vigor conforme o previsto no artigo 8 d) da lei citada.

Este acordo pon fin á vía administrativa. Poderá ser obxecto de recurso directamente perante a xurisdicción contencioso-administrativa, sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ordes, 3 de decembro de 1996.

Roberto González Santos

Alcalde en funcións

8659