Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 27 de setembro de 1996, acordou aprobar definitivamente as correccións engadidas no documento de revisión e adaptación do PXMO a través do acordo plenario do 29 de decembro de 1995 e pos

teriormente ratificado por acordo do 26 de xaneiro de 1996, agás da nº 6, referida á sección do viario principal e coas especificacións contidas no informe do 16 de xullo de 1996, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, completando con isto a aprobación parcial do documento de revisión e adaptación do PXMO, acordada no Pleno do 29 de decembro de 1995, a teor do establecido noa rtigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuiño.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei, require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 deste artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 29 de outubro de 1996.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

9199