Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 21 de novembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar, con carácter inicial, o documento de modificación do plan parcial de Cordeda 2ª fase, correspondente ó ámbito delimitado polos cuarteiróns: 8, 9 e 10, presentado pola sociedade EPAAT, S.L., e redactado polo arquitecto José Mantiñán Soler, no que se contempla como sistema de actuación o de compensación.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará na forma regulamentariamente establecida, con citación persoal dos propietarios de terreos incluídos no ámbito.

3. Tendo en conta o sistema de actuación previsto e a relevancia que este ten nunha iniciativa particular, cómpre, para a continuación da tramitación, que no prazo de información pública se adhiran á iniciativa propietarios que en conxunto representen polo menos o 60% da superficie do ámbito.

Durante o prazo dun mes, contado desde a última publicación deste anuncio (DOG, BOP ou xornal), poderá examinarse o documento e formula-las alegacións á este que se consideren pertinentes.

Culleredo, 3 de decembro de 1996.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

8444