Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a contratación de servicios de rehabilitación logopédica nas áreas sanitarias de Ourense e do Barco de Valdeorras na provincia de Ourense.

1. Entidade adxudicataria.

Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 27 07; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato.

A contratación dos servicios de rehabilitación logopédica en réxime ambulatorio nas áreas sanitarias de Ourense e O Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

Concurso polo procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo anual 4.976.280 ptas.

5. Fianzas e garantías.

Non se esixen.

6. Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano bloque 2-2º, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica.

Acredítanse conforme o previsto no apartado 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

9. Data de apertura das proposicións.

A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a partir das 10 horas do undécimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel

no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

10. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

9245