Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

APROBACIÓN definitiva do Plan Especial de Reforma Interior. Unidade de execución r/Unión-r/Vigo, da vila de Sanxenxo.

A Corporación Municipal en Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o 21 de outubro de 1996, acordou prestar aprobación ó Plan Especial de Reforma Interior. Unidade de execución R/Unión-R/Vigo, de Sanxenxo, acordo que ten a parte dispositiva que segue:

Primeiro.-Aproba-lo Plan Especial de Reforma Interior. Unidade de execución r/ Unión-r/ Vigo, de Sanxenxo.

Segundo.-O acto de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, comprensivo do alcance da modificación.

Terceiro.-Daráselle traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado, con tódolos planos e documentos que integran a modificación puntual das normas subsidiarias municipais, debidamente dilixenciado polo secretario do concello.

Cuarto.-A eficacia da aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan Especial de Reforma Interior. Unidade de execución r/ Unión-r/ Vigo, de Sanxenxo, que queda condicionada á xustificación no expediente de estar cumprido o descrito nos apartados anteriores.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo da comunicación ó órgano autor do acto ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 14 de novembro de 1996.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

9268