Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto e polo trámite de urxencia, da consultoría e asistencia técnica para a realización dos traballos do segundo informe de avaliación intermedia do P.O. 94 ES. 06.020. (Agricultura e Desenvolvemento Rural) da rexión de Galicia 1994-1999.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto e polo trámite de urxencia:

Obxecto: contratación da consultoría e asistencia técnica para a realización dos traballos do segundo informe de avaliación intermedia do P.O. Nº 94 ES. 06.020. (Agricultura e Desenvolvemento Rural) da rexión de Galicia 1994-1999, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Prazo de execución: o estudio deberá estar dispoñible o 31 de maio de 1997.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificios Administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou por calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 3 de xaneiro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 9 de xaneiro de 1997, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1996.

P. D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9098