Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de novembro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio da batea de cultivo de mexillón Luisa nº 1, a favor de María Dolores Parada Araújo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a apoia; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Luisa nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal, C, cuadrícula nº 57.

Data da concesión: 22-8-1975.

Data do remate da última prórroga: 22-8-2005.

Anterior concesionario: Francisco Silva Vidal.

Novo titular da concesión: María Dolores Parada Araújo.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 26 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial de A Coruña

9046