Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso da obra de adaptación do edificio nº 6 para uso docente na escola de capacitación agraria Pedro Murias (Ribadeo-Lugo) X-3692 (EX-018).

Por Resolución do 5 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso público.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle a obra á empresa:

Construcciones Alea, S.L., importe de adxudicación: 16.724.029 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9284