Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.572

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da adhesión do convenio colectivo da empresa Idepsa, ó convenio colectivo de Productos Químicos Sevillanos, S.A.

Visto o expediente de adhesión incoado pola representación dos traballadores e da empresa Idepsa, con centro de traballo en Caldas de Reis (Pontevedra), ó V convenio colectivo de Productos Químicos Sevillanos, Sociedad Anónima, para 1996, que foi publicado no BOE nº 164, do 8 de xullo de 1996, todo isto en virtude de acta de adhesión de data do 1 de agosto de 1996, incoado pola representación dos traballadores e da devandita empresa, de conformidade co disposto nos artigos 90,2º e 3º, e 92 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, modificado pola Lei 11/1994, do 19 de maio, Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Autoriza-la adhesión da empresa Importación, Distribución y Exportación de Productos, S.A. (Idepsa), con centro de traballo en Caldas de Reis (Pontevedra), ó V convenio colectivo de Productos Químicos Sevillanos, Sociedad Anónima, para o ano 1996, publicado no BOE nº 164, do 8 de xullo de 1996, por resolución da Dirección Xeral de Traballo, do 14 de xuño de 1996, e ordena-la inscrición desta adhesión no libro-rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social asinantes da dita adhesión.

Segundo.-Dispoñe-la publicación da presente resolución no BOP e no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento por tratarse de convenio de traballo, se ben se omite a publicación do texto do convenio colectivo adherido, xa que este consta publicado no BOE para xeral coñecemento, e co obxecto da necesaria economía procedemental e administrativa.

Vigo, 3 de decembro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

9230