Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.572

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 9 de decembro de 1996 pola que se resolve definitivamente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciados pola Orde do 22 de outubro de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pola Orde do 22 de outubro de 1996 (DOG nº 213, do 30 de outubro), resolta parcialmente pola Orde do 21 de novembro de 1996 (DOG 232, do 27 de novembro), e en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta de dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se indica no anexo desta orde, adxudicándolles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se citan.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes, se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14º do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-As xefaturas de persoal dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles nos que obteñan praza, consignarán no

título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaránselle as dilixencias efectuadas, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería conforme o previsto no artígo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO:

-Nº R.P.: 0974565313 A2067.

Grupo: A.

Apelidos e nome: del Río Castañón, José Fernando.

Posto de traballo: xefe da área de Arzúa dos Serv. Vet. Ofic. de Agricultura.

Nivel: 26.

Localidade: Arzúa.

Dependencia: delegación provincial.

-Nº R.P.: 3425618813 A2067.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Losada Fernández, José Ramón.

Posto de traballo: xefe da área da Pobra de Trives dos Serv. Vet. Of. de Agricultura.

Nivel: 26.

Localidade: A Pobra de Trives.

Dependencia: delegación provincial.

96-9053