Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 18 de decembro de 1996 Páx. 11.558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso 02/006218/1996, interposto polo sindicato nacional CC.OO. de Galicia.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo nº 02/006218/1996, interposto polo sindicato nacional CC.OO. de Galicia contra o Decreto 354/1996, da Consellería de Cultura e Comunicación Social, do 19-9-1996, que modifica o Decreto 307/1995 do 13-7-1995, polo que se crea o Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia (DOG nº 189 do 26-9-1996), esta consellería resolve ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazados para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.

José María Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de cultura e Comunicación Social

96-7184