Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do día de hoxe, en aplicación da competencia dada polo Real decreto lei 5/1996, do 7 de xuño, de modificación parcial da Lei 7/1985, do 2 de abril, resolveuse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización redactado polo arquitecto Santiago González Rodríguez e promovido por Fomento y Desarrollo Económico, S.L., para Gadisa e outros, para un solar sito entre as avenidas da Coruña e de Ferrol, encamiñado ó desenvolvemento do estudio de detalle aprobado definitivamente polo Pleno desta Corporación Municipal en sesión do 30 de setembro de 1996.

O que se somete a información pública por un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente queda ó dispor de quen o queira examinar na Secretaría Xeral da Corporación, para deducir alegacións, reclamacións ou suxerencias.

Ribeira, 12 de decembro de 1996.

José Luis Torres Colomer

Alcalde

8999