Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal de Ribeira, en sesión ordinaria celebrada o 30 de setembro de 1996, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido pola sociedade Gadisa, S.A., para un solar sito entre as avenidas da Coruña e de Ferrol, da cidade de ribeira, segundo proxecto redactado polo arquitecto Santiago González Rodríguez.

O que se fai público en aplicación do artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño

(polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana) e do artigo 140.6º do Real decreto 2159/1987, do 23 de xuño (polo que se aproba o Regulamento de planeamento).

O dito acordo pon fin á vía administrativa, e contra el poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se estime conveniente.

Ribeira, 11 de decembro de 1996.

José Luis Torres Colomer

Alcalde

9283