Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o 9 de novembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Laxe, consistente na rectificación da ordenanza que regula a execución de cuberta en edificios de vivenda colectiva en solo residencial denso e situacións singulares, e redactado polo arquitecto Álvaro Fernández Carballada.

Segundo.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e comunicarllo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á que se lle dará traslado dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do proxecto da modificación puntual das NSPM de Laxe aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados.

Terceiro.-Dispoñe-la publicación das normas e ordenanzas do proxecto da modificación puntual das NSPM de Laxe no BOP, as cales entrarán en vigor ós quince días hábiles seguintes ó da súa publicación neste.

Contra o devandito acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, computados desde o día seguinte a esta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida interpoñer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Laxe, 19 de novembro de 1996.

Antonio Castro Lema

Alcalde-presidente

9282