Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52455).

Autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica a 20 kV desde a subestación de Vimianzo ata a subestación de Esto (Ca

bana), nos concellos de Vimianzo, Zas e Cabana (expediente 52455), e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos que se afectan pola imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica por Decreto 407/1996, do 7 de novembro, (Diario Oficial de Galicia do 21-11-1996), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña.

Fáiselles saber ós titulares dos predios que se conteñen nas relacións que se publicaron no DOG con data 16-7-1996, que se expoñen actualizadas nos taboleiros de edictos das casas consistoriais de Vimianzo, Zas e Cabana, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, o representante da Administración acompañado dun perito, constituiranse nos predios os días e horas que máis abaixo se describen, para a toma de datos e levantar a continuación nas citadas casas consistoriais as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens obxecto de imposición de servidumes, e faranse consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Día 14-1-1997 (Vimianzo):

Ás 10 horas os predios números 21 ó 27.

Ás 11 horas os predios números 30 ó 35.

Ás 12 horas o predio número 92.

Día 15-1-1997 (Zas):

Ás 10 horas os predios números 13 ó 22.

Ás 11.30 horas os predios números 23 ó 29.

Día 16-1-1997 (ZAs):

Ás 10 horas os predios números 29/1 ó 33.

Ás 12 horas o predio número 39.

Día 17-1-1997:

Ás 10 horas os predios números 68 ó 80.

Ás 11 horas os predios números 119/1 ó 148.

Ás 12 horas os predios números 153 ó 174.

Os interesados de conformidade co artigo 56 do regulamento da Lei do 26 de abril de 1957, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa costa, e formular por escrito ante este delegación ata e naquel momento as alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 21 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8769