Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da intalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/120-2-4596 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. subt. Veiguiña-estrada de Chantada.

Situación: Monforte de Lemos.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor R.H.V./150 cunha lonxitude de 550 metros, para mellora do servicio eléctrico en Veiguiña-estrada de Chantada, Concello de Monforte de Lemos.

Orzamento: 9.853.424 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 15 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8930