Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 121/1996-2-4598 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45. 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Castro.

Situación: Carballedo.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 211 metros, sobre apoios de formigón. Tres centros de transformación de 160 kVA o de Castro; 100 kVA o de Portugalete e de 1.030 kVA o de Barco, cunha relación de 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión, con conductor R.Z.-0,6/1 kV de 3x95x150 mm Al, cunha lonxitude de 287 metros, sobre postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Castro, concello de Carballedo.

Orzamento: 7.187.444 pesetas.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos

condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 14 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9065