De conformidade co disposto no artigo 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia, polo presente anuncio faise público que o Pleno desta Corporación, en sesión celebrada o día 27 de novembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:
1. Aprobar definitivamente o plan parcial do polígono industrial Chan da Ponte, de acordo co informe favorable emitido para o efecto pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
2. Publica-lo acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.
3. Comunica-lo presente acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado a esta de copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares, tamén completos, do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.
4. Publica-las normas e ordenanzas recollidas no citado plan parcial no BOP de Pontevedra.
Salvaterra de Miño, 28 de novembro de 1996.
Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde
9000