Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.540

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (102/1995-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 102/1995, por instancia de Sandra Garrido Fernández e tres máis, contra eles mesmos, e nas súas actuacións consta unida a sentencia dictada pola Audiencia Provincial da Coruña, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente di:

«Número 63. A Coruña, vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e seis, Fernando Seoane Pesqueira, maxistrado, como tribunal unipersoal da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou, no nome de El Rei, a seguinte sentencia:

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, en xuízo de faltas número 102/1995, segui

do por falta de desobediencia e abuso de autoridade, no que figuran como apelantes Clara María Gayo Pérez e Sandra Garrido Fernández e, como apelados, Jesús Pérez Martínez e José Luis Cotelo Felpete, e no que foi, así mesmo, parte o Ministerio Fiscal.

Decido que, con desestimación do recurso de apelación interposto contra a sentencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, do 6 de xullo de 1995, debo confirmar e confirmo esta, e declaro de oficio as custas da alzada.

Expídaselle a certificación correspondente ó xulgado de procedencia con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Clara María Gayo Pérez, expido e asino en Santiago de Compostela o oito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9009