Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Proxecto de construcción: acondicionamento da estrada AC-432. Vimianzo-Camariñas.

Adxudicatario: AHCSA

Orzamento: 600.190.222 ptas.

Alargamento, urbanización e mellora do firme da PO-330 Vigo-Vincios. Treito: Castrelos-límite do concello de Vigo. Convenio Concello de Vigo.

Adxudicatario: U.T.E. Viales y Construcciones - Taboada y Ramos S.L.

Orzamento: 344.729.312 ptas.

Acondicionamento da plataforma e reforzo do firme. Camiño de Portomouro a Ames. Ramal de C-543 a Ames. Treito: Roxos-Portomouro.

Adxudicatario: Antonio Fernández Gerpe.

Orzamento: 41.500.000 ptas.

Pavimentación e mellora do firme en camiños e rúas de Cangas.

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 40.113.758 ptas.

Proxecto de construcción da estrada C-550. Travesía de Boiro.

Adxudicatario: Viales y Construcciones, S.A.

Orzamento: 187.853.379 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, e susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en un prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público ós efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

8692