Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.540

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (189/1996).

En cumprimento do acordado por providencia de data 17 de setembro de 1996, a xuíza de primeira instancia e instrucción de Muros (A Coruña) fai saber que neste xulgado e co nº 189/1996, por instancia de Mª José Caamaño París e María Rama Suárez, representadas polo procurador Uhía Bermúdez, sobre declaración de falecemento dos seus homes Ramiro Enrique Riomyor Nine e Joaquín Manuel Rama Suárez, con domicilio en Ribeira de Mallo e Reboredo-Esteiro-Muros, nados o 28 de agosto de 1961 e o 3 de febreiro de 1944, respectivamente.

Ramiro Enrique Riomayor Nine e Joaquín Manuel Rama Suárez eran tripulantes do buque de carga Tamber River, propiedade da empresa Tamber River Shipping Co, ata a súa desaparición en naufraxio acaecido o día 13 de agosto de 1994.

A embarcación navegaba polas augas do Estreito de Xibraltar con dirección ó Funchal (Madeira), cando sobreveu unha forte ondada e a súa acometida arrancou parte da borda de estribor, orixinándose unha gran vía de auga que escorou fortemente o barco, o cal foi abandoado dado o inevitable do seu afundimento.

A forte ondada impediu o correcto arriado dos botes salvavidas caendo ó mar envorcados varios tripulantes conseguiron alcanzalos pero os esposos das promoventes non o lograron e desapareceron nas augas.

Durante tres días levouse a cabo un intenso rastrexo de posibles superviventes sen ningún resultado.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da LAC en relación cos artigos 193 e concordantes do Código Civil, fáise público mediante o presente edicto o cal se publicará no taboleiro de anuncios deste xulgado, no BOE e no DOG, por dúas veces e co intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oído no mencionado expediente.

Dado en Muros o 17 de setembro de 1996.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

8443