Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.539

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (272/1995).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Ulloa Ramos, en nome e representación de María Borrazás Esmorís contra José Antonio Crespo Míguez, sendo parte o letrado da Xunta de Galicia e Ministerio Fiscal dictouse, con data 16 de setembro de 1996, sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo o dezaseis de setembro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Margarita Encarnación Pazos Pita, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, os presentes autos de peza separada de xustiza gratuíta nº 272/1995, dimanantes do procedemento de

divorcio por solicitude de María Borrazás Esmorís, representada polo procurador Ulloa Ramos, contra José Antonio Crespo Míguez, declarado en rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal e o letrado da Xunta de Galicia,

FALLO:

Declaro que María Borrazás Esmorís ten dereito a litigar gratuitamente no xuízo de divorcio nº 272/1995 contra José Antonio Crespo Míguez, considerando totalmente a demanda interposta polo actor en solicitude de beneficio de xustiza gratuita, sen facer expreso pronunciamento sobre as custas. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación. Únaselle testemuño desta resolución ós autos ós que se refire e arquívese o orixinal no libro de sentencias que se leva neste xulgado. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E no cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que lles sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes José Antonio Crespo Míguez, con DNI/CIF en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto en Carballo o once de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

8152