Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.537

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1996 pola que se designan vocais da comisión de selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 30 de agosto de 1996.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6-10-1996), polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que efectúa a selección dos aspirantes

que soliciten participar no curso para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un profesor das universidades de Galicia e por un funcionario que estea en posesión do diploma de directivo.

En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar como vocais da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 30 de agosto de 1996, ás seguintes persoas:

-José Vilas Nogueira, profesor da facultade de Ciencias Políticas e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela.

-Jaime García García, director xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

9247