Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 17 de decembro de 1996 Páx. 11.538

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1996 pola que se designa secretario da comisión de selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 30 de agosto de 1996.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6-10-1996), polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que efectúa a selección dos aspirantes que soliciten participar no curso para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un secretario, que terá que ser un funcionario destinado na Escola Galega de Administración Pública.

En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar a Manuel Braña Gutiérrez como secretario da comisión que levará a cabo a

selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 30 de agosto de 1996.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

9248