O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de
xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6-10-1996), polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que efectúa a selección dos aspirantes que soliciten participar no curso para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por tres vocais designados polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública.
En virtude do anterior,
DISPOÑO:
Artigo único.-Designar como vocais da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 30 de agosto de 1996 ás seguintes persoas:
-Joaquín López-Rúa Soler, director xeral da Función Pública de Galicia.
-Jaime Bouzada Romero, inspector xeral de Servicios da Xunta de Galicia.
-Javier Suárez García, director xeral-xefe da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1996.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
9246