Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.459

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de Bajamar Séptima, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo Bajamar Séptima, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 16-10-1996 subscrito en repre

sentación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 19-7-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de outubro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo Bajamar Séptima, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio terá aplicación no centro de traballo de Bajamar Séptima, S.A., sito no Polígono Industrial de Sabón, parcela 13 de Arteixo, A Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará a totalidade do persoal existente, no momento da súa sinatura en Bajamar Séptima, S.A., así como o que se incorpore posteriormente ós respectivos cadros de persoal.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio estará en vigor desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro do mesmo ano. Cando non se produza denuncia dalgunha das partes o presente convenio entenderase prorrogado de ano en ano en tódalas súa cláusulas. A denuncia realizarase cunha antelación de dous meses ó remate de vixencia del, e comunicaráselle á outra parte e á autoridade laboral competente. Producida a denuncia manterase en vigor todo o articulado do convenio ata nova sinatura.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O conxunto das condicións pactadas neste convenio absorverá e compensará aquelas melloras que puideran establecerse polas disposición legais vixentes en cada momento.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas e son as que figuran nas táboas salariais anexas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas acordadas en contrato individual entre empresa e traballador, vixente á entrada en vigor do convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: cinco membros repartidos proporcionalmente á representatividade obtida por cada sindicato nas eleccións sindicais.

Parte empresarial: cinco membros que designará a empresa.

Cando a comisión paritaria non chegue a acordo na interpretación ou aplicación do convenio, someterase á xurisdicción laboral competente.

Artigo 6º.-Grupo de clasificación.

O persoal ó servicio da empresa incluído no ámbito de aplicación deste convenio, queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais.

I. Persoal técnico: clasifícanse neste grupo aqueles que realicen traballos que esixan, con titulación ou sen ela, unha adecuada competencia práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

O dito grupo clasificarase á súa vez nos seguintes subgrupos:

I.1. Técnico con título superior.

I.2. Técnico con título medio.

I.3. Técnicos non titulados.

II. Administrativos e persoal de mantemento: neste concepto quedan comprendidos os que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior, así como o persoal que se dedique a funcións de mantemento. Este clasificarase á súa vez en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

III. Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo o persoal que execute fundamentalmente traballo de índole material ou mecánica, e engloba o persoal de fabricación, cámaras e oficios varios, así como o persoal subalterno. Este á súa vez clasifícase en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

Artigo 7º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na previsión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar os traballadores/as que no momento de iniciarse a selección conten con contratos a tempo parcial, en segundo lugar os que estiveran relacionados coa empresa e en terceiro lugar as peticións dos fillos ou fillas dos traballadores/as en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolles o emprego en todo caso, se superan as probas de aptitude que corresponda. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións e saber non sexan inferiores ó doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informa-lo comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, daráselle difusión no taboleiro de anuncios.

Artigo 8º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal que por razóns de idade ou doutra índole se ve reducido na súa capacidade física ou intelectual en tarefas que se axeiten ás súas condicións reais, en caso de que existan as ditas tarefas. Igual criterio se seguirá con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 9º.-Xornada e horario de traballo.

A xornada anual será de 1.742 horas de traballo efectivo, distribuída de luns a venres en quendas de mañá, tarde e noite repartido do seguinte xeito:

Producción, servicios auxiliares e administración de servicios.

Mañá: 6 a 14 horas.

Tarde: 14 a 22 horas.

Noite: 22 a 6 horas.

Administración inverno.

Grupo A:

Mañá: 8 a 14 horas.

Tarde: 15 a 17.10 horas.

Grupo B:

Mañá: 8 a 14 horas.

Tarde: 16 a 18.10 horas.

Administración verán (15 de xuño a 15 de setembro inclusive).

Grupo A e B: xornada única de 8 horas a 15 horas.

Trimestralmente comunicaráselle ó comité o número de quendas realizadas por cada traballador para o seu control. A empresa poñerá os medios necesarios para que ó rematar o ano o número de xornadas de noite, tarde e mañá sexan igual para tódolos traballadores/as non voluntarios na quenda de noite.

O traballo dos sábados farase con persoal nos contratos do cal así se especifique ou con persoal voluntario.

O tempo de bocadillo que actualmente se vén desfrutando, será realizado entre a 3ª e a 5ª hora do inicio da xornada.

Artigo 10º.-Vacacións.

As vacacións adaptaranse á xornada máxima (1.742 horas) e serán pactadas entre o comité de empresa e a empresa.

Dada a natureza do seu traballo, o persoal de mantemento desfrutará as súas vacacións en períodos diferentes ós recollidos no calendario anual do resto do cadro de persoal, que coincide coa máxima actividade para eles. Para tal efecto pactarase un sistema de quendas, que permita atende-las nece

sidades da empresa, e o desfrute das súas vacacións en períodos os máis parecidos posibles ós demais traballadores.

Artigo 11º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que vaia realizar, conforme a seguinte escala:

-Técnicos titulados sen contrato en prácticas: seis meses.

-Resto de persoal e técnicos titulados con contrato en prácticas:

* Contrato de ata seis meses: 15 días de proba.

* Contrato de máis de seis meses: 1 mes de proba.

Artigo 12º.-Licencias non retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a 10 días de permiso non retribuído ó ano para asuntos propios debidamente xustificados que se poderán fraccionar en dous períodos sendo o tempo mínimo que se poderá coller de 5 días. A traballadora avisará cun prazo mínimo de 7 días naturais salvo causas de forza maior.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificándoo adecuadamente, terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio: quince días.

b) Tres días naturais en caso de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata terceiro grao de consanguinidade ou afinidade. No caso de falecemento de parentes de 3º grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será tamén de tres días naturais. Cando, polos motivos antes citados, o traballador necesite facer un desprazamento para tal efecto, o prazo será de cinco días.

c) Un día por traslado de domicilio.

d) Un día por intervención cirúrxica sen internamento, recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

f) Polo tempo indispensable para acudi-lo traballador a probas ou consultas médicas nos centros sanitarios da Seguridade Social, sempre que se acredite de maneira que faga fe, e se lle notifícase con anterioridade á empresa.

Concédenselle os mesmos dereitos ó compañeira/o que á esposa/o, tanto no caso de parto como de enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse naturais.

Artigo 14º.-Vestiario.

Todo o persoal da empresa, dependendo da tarefa que teña que realizar, recibirá o seguinte vestiario:

Operarias

CantidadeRopua

1Par de zocos.

2Calzóns frío muller.

2Camisetas de frío.

2Casacas.

2Pantalóns.

4Pares de calcetíns.

Encargadas

CantidadeRoupa

1Par de zocos.

1Calzón frío muller.

2Camisetas de frío.

2Batas.

2Pantalóns.

4Pares de calcetíns.

Cámaras

CantidadeRoupa

1Par botas-illadas frío.

2Xerseis.

2Pasamontañas.

2Fundas.

1Traxes de frío.

4Pares de calcetíns.

2Camisetas de frío.

* O vestiario de frío entregarase ó incorporarse ó cadro de persoal e repoñerase cando se produza rotura ou deterioración.

Administrativos e carretilleiros externos

CantidadeRoupa

1Par de zocos.

2Pantalóns.

2Batas.

4Pares de calcetíns.

2Camisetas de frío.

Mantemento

CantidadeRoupa

1Par de botas.

2Fundas.

4Pares de calcetíns.

2Camisetas de frío.

O persoal de mantemento contará con roupa adecuada para realiza-lo traballo en cámaras, sendo esta esterilizada despois de cada uso.

Resto de persoal

CantidadeRoupa

1Par de zocos.

2Batas.

Artigo 15º.-Estructura salarial.

Salario base: será igual para todo o persoal de Bajamar Séptima, S.A., sendo o seu valor de 69.680 pesetas.

Antigüidade: devengarase en trienios cun valor de 4.472 ptas./trienio.

Plus de convenio: é o plus que aparece nas táboas salariais e é idéntico para tódalas categorías e seccións.

Plus de cualificación persoal: plus de cualificación persoal segundo categorías. Aparece recollido nas táboas anexas.

Complemento de posto de traballo: é o complemento que se perciba polas condicións específicas do posto de traballo.

Artigo 16º.-Salarios.

Son os que constan na táboa salarial anexa e que supoñen unha suba do 4% con respecto ós salarios existentes antes da sinatura do convenio.

Artigo 17º.-Pluses.

Plus de nocturnidade: as traballadoras/es que realicen a súa xornada na quenda de noite percibirán a cantidade de 1.040 ptas./noite. As traballadoras/es a tempo completo que permanentemente traballen de noite percibirán un plus de 31.200 ptas./mes. As persoal que desexen apuntarse ou deixar de pertencer ó dito grupo deberán comunicarllo á empresa cun mes de antelación.

As solicitudes de incorporación á quenda de noite serán estudiadas entre a empresa e o comité e, en función da súa cualificación e as dispoñibilidades existentes e no prazo máximo de 15 días, contestaranlle a súa aceptación ou non para formar parte da quenda de noite.

Plus de transporte: o persoal de administración que, por ter unha xornada distinta á do servicio de autobús que ten posto á disposición dos traballadores da empresa, percibirá a cantidade resultante de aplica-la seguinte fórmula:

Plus de transporte Ptas. autobús A Coruña-Arteixo x viaxes ano

mensual (12 pagas) =

12

A revisión do dito plus farase anualmente tomando como prezo vixente o existente o 1 de xaneiro de cada ano. Para calcula-lo número de viaxes consideraranse 4 viaxes diarios durante a xornada partida e 2 durante a xornada continuada.

Plus de desprazamento: aboaraselle a empresa a todo o persoal a razón de 900 ptas./día cando o traballador realice por solicitude da empresa un horario que o obrigue a desprazarse sen poder emprega-lo servicio de autobús da empresa, emprégueo este ou non habitualmente. O persoal de administración terá dereito a este plus cando realice un desprazamento extraordinario.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

É firme a vontade de ámbalas partes para a reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán aboadas segundo a táboa salarial anexa. A estes valores incrementaránselle-la nocturnidade nun 75% ou 100% cando proceda.

As horas extraordinarias que se realicen en domingos e festivos, ademais de contaren coa retribución antes sinalada, teñen a bonificación de igual tempo de descanso en xornada laboral habitual que tempo traballado que será desfrutado nos 15 días inmediatos á súa realización.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais, as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencias nas quendas provocadas por licencias retribuídas ou IT.

-Ausencia imprevista de relevo no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias que poidan afectar á producción e períodos punta de traballo.

-Posta en marcha e peche da empresa.

As horas extraordinarias terán en todo momento o carácter de voluntarias, tal como prevé o ET no artigo 35.4º, salvo o pactado en contratos individuais.

Artigo 19º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, incluído o persoal con contratos para a formación, desfrutará de 3 pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade máis os complementos salariais que correspondan. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

b) O día 15 de xullo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 30 de xuño do ano que se paga.

c) O día 15 de decembro. O período de devengo é do 1 de xullo ó 31 de decembro do ano no que se paga.

As ditas pagas serán sempre completas aínda que se produzan baixas por accidente ou enfermidade e serán iguais, e faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

Así mesmo tódolos traballadores e traballadoras cobrarán unha cuarta paga de 48.860 ptas. maila antigüidade, que será aboada o 15 de outubro. A dita paga devengarase desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

Artigo 20º.-Contrato de aprendizaxe:

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despido improcedente, obxectivo, ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato de aprendizaxe.

Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

Prórroga: mínima de 6 meses.

Idade: de 16 a 23 anos.

Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

Titor: cada dous aprendices como máximo terá un titor que teña como mínimo o nivel de cualificación que teña que adquiri-lo aprendiz.

Salario: o primeiro ano ó 100% do salario base do convenio e o segundo ó 120% do salario base do convenio.

Artigo 21º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 1.500 ptas. Deberá entón partirse a xornada laboral considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo circunstancias, para poder relizala dita comida. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen dúas ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

En casos especiais, se as necesidades do traballo urxente o requiren, o traballador poderá prescindir do tempo previsto para a súa comida ou cea sen que isto signifique a perda da axuda de custo establecida.

Artigo 22º.-Complemento por I.T. en caso de accidente de traballo.

Cando o persoal da empresa estea en situación de IT terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir; percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando sempre e cando sexa debido a A.T. ou E.P., así mesmo percibirá ata o 100% do seu salario cando se trate de E.P. e E.C. que requira hospitalización.

A tódolos traballadores/as da sección de fabricación, mantemento e servicios auxiliares aboaráselles, na totalidade das baixas, o 100% do seu salario se no semestre natural anterior non ser superior o 6% de absentismo laboral nestas seccións. Outro tanto sucederá cos traballadores/as de administración se nesta sección non se superior o 3% do absentismo no semestre anterior.

Artigo 23º.-Indemnización no caso de morte ou invalidez permanente por causa de accidente.

Con independencia das indemnización obrigatorias da Seguridade Social, a empresa mediante a concentración de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día.

A. Por accidente non laboral.

A.1. Morte do traballador/a.

Os herdeiros do traballador/a, ou no seu defecto a persoa que o mesmo designara, percibirán a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas.

A.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e gran invalidez.

O traballador/a percibirá a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas para os primeiros casos, trece millóns catrocentas sesenta e unha mil duascentas noventa e sete pesetas nos segundos casos e vinteseis millóns novecentas vintedúas mil cincocentas noventa e catro pesetas nos terceiros casos.

B. Por accidente laboral.

B.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designara, percibirán a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas.

B.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador/a percibirá a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas para os primeiros casos, trece millóns catrocentas sesenta e unha mil duascentas noventa e sete pesetas nos segundos casos e vinteseis millóns novecentas vintedúas mil cincocentas noventa e catro pesetas nos terceiros casos.

Entenderase por invalidez permanente total, a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta, a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia das perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realizar os actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

Estas condicións quedan establecidas na póliza de seguros a copia da cal sera entregada ó comité de empresa.

Artigo 24º.-Servicio militar.

Tódolos traballadores que tendo 2 ou máis anos de antigüidade na empresa, de ter que cumpri-lo SMO, PSS ou castigo pola súa negativa, terán dereito a conservación do posto de traballo.

Artigo 25º.-Xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio, ós 65 anos, para todo o persoal da empresa.

Non obstante a empresa realizará os trámites precisos para o obxecto de xestiona-la xubilación anti

cipada e voluntaria co 100% da base de cotización que lle corresponderá ós 65 anos e que teñan cotizado ó réxime da Seguridade Social antes do 1 de xaneiro de 1967.

Se a empresa decidise cubrir estas baixas terá en conta o disposto no artigo 7º.

Ó producirse a xubilación forzosa a quen leve máis de 20 anos traballando a empresa, concederalle un premio de tres mensualidades completas; no caso de que leve máis de 15 anos dúas mensualidades completas e nos casos que a antigüidade sexa de 10 ou máis anos unha mensualidade, tamén, completa. Se a dita xubilación se anticipa ós 65 anos gratificarase ademais de co dito anteriormente, ó traballador/a con 15 días máis por ano de anticipo.

Artigo 26º.-Aplicación do presente convenio e vinculación á totalidade.

Se a empresa por causas económicas ou doutra índole decidise non aplica-lo presente convenio, terá que contar previamente coa autorización da comisión paritaria e no caso de non mediar acordo serán os tribunais do Social os que arbitren unha solución definitiva. Mentres non haxa acordo ou resolución a aplicación do presente convenio será de obrigado cumprimento.

As condición pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, por conseguinte, a non aplicación dalgunha das condicións nel pactadas supoñen as da totalidade.

No suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, non aprobase ou modificase algunha das súas cláusulas, a comisión negociadora do convenio deberá reunirse para revisalo.

Artigo 27º.-Formación de persoal.

Os obxectivos en formación son os seguintes:

-Integra-la formación na política global de xestión de recursos humanos da empresa.

-Pontenciar iniciativas de formación que favorezan a modernización e xestión da empresa.

-Impulsar unha formación continua que asegure o mantemento das competencias dos empregos e, ó mesmo tempo, facilite a adquisición de novas capacidades que estimulen a promoción interna.

-Renovar e desenvolve-las destrezas e coñecementos en función da previsible evolución das profesións e empregos, centrando a atención nas cualificacións que se requiren para o futuro.

-Ampliar e desenvolve-la colaboración con outras institucións públicas en aqueles programas que complementen iniciativas de formación da compañía.

Financiamento da formación.

A formación poderase realizar dentro ou fóra da xornada laboral. No caso de ser realizada fóra da xornada laboral a empresa aboaralle ó traballador/a as horas realizadas a razón do 50% do seu salario/hora ou ben en tempo libre a razón do 50% das horas realizadas de formación.

No caso de que a formación requira desprazamento ou necesidade doutro tipo de axudas de custo estas serán aboadas pola empresa integramente.

Artigo 28º.-Regulamento de réxime interno.

Durante a vixencia do presente convenio a empresa, de acordo co comité, elaborará un regulamento de réxime interno que conterá tódolos detalles posibles relativos a: organización do traballo, categorías profesionais, faltas e sancións e todo o que poida resultar de común interese para as relacións entre traballadores e empresa.

Artigo 29º.-Garantías dos/as representantes dos/as traballadores/as.

A empresa garantirá que tódolos dereitos dos representantes que a Lei 8/1980, do 10 de marzo, e a súa reforma (Lei 11/1984) prevé que serán escrupulosamente cumpridos.

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular un ou varios traballadores trimestralmente.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 30º.-Traballadores a tempo parcial.

As/os traballadores a tempo parcial rexeranse polas seguintes condicións na súa contratación:

1. garantiráselles unha xornada de 135 días de traballo efectivo, correspondendo ó 60% da xornada anual do convenio colectivo de Bajamar Séptima, S.A.

A xornada poderase ampliar ata 202 días anuais, se nos meses últimos de cada ano superan a xornada

de 135 días, e reducirase no primeiro de xaneiro ó mínimo de 135 días no caso de que non sexa superada.

2. O importe será por hora efectiva de traballo e calcularase con base na seguinte fórmula:

S.B.A. da categoría

2.000

SBA: salario bruto anual.

Os días de vacacións aboaranse aplicando a mesma fórmula antes sinalada.

A empresa garantirá un mínimo de 27 días de traballo trimestrais máis un plus de 10.000 ptas./mes; este último independentemente dos días que se traballen no mes.

Como norma xeral o horario coincidirá cos horarios establecidos para o resto do cadro de persoal; nos casos de que o dito horario sexa diferente, estas traballadoras e traballadores contará á parte dos 15 minutos de descanso non retribuídos, con outros 15 minutos de descanso retribuído que se desfrutarán conxuntamente entre a 3ª e a 5ª hora desde o inicio da xornada.

Bajamar Séptima, S.A. comprométese a que tódolos venres saia publicada no taboleiro de anuncios a asignación do programa de traballo de cada traballador/a para a semana seguinte. No caso de que o dito calendario se vexa reducido, a empresa aboará a totalidade das horas programadas e, no caso de que se amplíe, pagarase o exceso de horas non programadas como horas extraordinarias, salvo que o dito incremento se produza debido a ausencias imprevistas do persoal comunicadas ó comité.

Táboa salarial por sección e categoría

x 15 pagasx 1 pagax 3 pagas

SalarioPlusPlus postoSalarioPaga extrao.PagasSalarioH.extraH. extra

festiva

Cod. Seccións e categoríasbaseconveniocategoríamensualoctubreextraord.anual 1996S.bruto

1742

S.bruto

1742*2

100 Titulados e técnicos
101 Grao superior ou asimilados69.6807.418139.222216.32048.860216.3203.293.6603.3093.781
102 Grao medio ou asimilados69.6807.418124.800201.89948.860201.8993.077.3403.0913.533
103 Técnicos titulados69.6807.41867.115144.21348.860144.2132.212.0602.2222.540
104 Técnicos non titulados69.6807.41852.694129.79248.860129.7921.995.7402.0052.291
105 Axudante técnico titulado69.6807.41838.272115.37148.860115.3711.779.4201.7882.043
106 Axudante técnico non titulado69.6807.41823.851100.94948.860100.9491.563.1001.5701.795

200 Administración xeral
201 Xefe de departamento69.6807.418144.071221.16948.850221.1693.366.3983.3823.865
202 Xefe de sección69.6807.418140.596217.69548.860217.6953.314.2813.3303.805
203 Oficial 1ª69.6807.41852.333129.43148.860129.4311.990.3321.9992.285
204 Oficial 2ª69.6807.41849.088126.18748.860126.1871.941.6601.9512.229

x 15 pagasx 1 pagax 3 pagas

SalarioPlusPlus postoSalarioPaga extrao.PagasSalarioH.extraH. extra

festiva

Cod. Seccións e categoríasbaseconveniocategoríamensualoctubreextraord.anual 1996S.bruto

1742

S.bruto

1742*2

205 Auxiliar 1ª69.6807.41823.851100.94948.860100.9491.563.1001.5701.795
206 Auxiliar 2ª69.6807.4189.42986.52848.86086.5281.346.7801.3531.546
207 Aspirante ou bolseiro69.6807.4185.82482.92348.86082.9231.292.7001.2991.484

300 Cámaras e almacéns
300 Xefe de equipo69.6807.41974.325151.42448.860151.4242.320.2202.3312.664
301 Oficial 1ª69.6807.41938.272115.37148.860115.3711.779.4201.7882.043
302 Oficial 2ª69.6807.41930.124107.22348.860107.2231.657.1991.6651.903
303 Especialista carretilleiro69.6807.41921.54398.64248.86098.6421.528.4891.5361.755
304 Operaria/o69.6807.4193.08480.18348.86080.1831.251.5991.2571.437
305 Mozos69.6807.419077.09948.86077.0991.205.3401.2111.384

400 Mantemento
401 Xefe de equipo69.6807.41974.325151.42448.680151.4242.320.2202.3312.664
402 Oficial 1ª69.6807.41967.115144.21348.860144.2132.212.0602.2222.540
403 Oficial 2ª69.6807.41961.058138.15648.860138.1562.121.2062.1312.435
404 Especialista69.6807.41935.892112.99148.860112.9911.743.7271.7522.002
405 Operario/a69.6807.41923.851100.94948.860100.9491.563.1001.5701.795

500 Fabricación
501 Encargada xeral69.6807.419103.168180.26748.860180.2672.752.8602.7663.161
502 Xefe/a equipo69.6807.41967.115144.21348.860144.2132.212.0602.2222.540
503 Oficial 1ª69.6807.41938.272115.37148.860115.3711.779.4201.7882.043
504 Oficial 2ª69.6807.41930.124107.22348.860107.2231.657.1991.6651.903
505 Especialista69.6807.41921.54398.64248.86098.6421.528.4891.5361.755
506 Operario/a69.6807.4193.08480.18348.86080.1831.251.5991.2571.437

Outros complementos

Fixo-25º complemento ano/12 pagas180.960
Fixo 0º complemento ano/12 pagas104.000
Nocturnidade día efectivo1.040
Nocturnidade voluntaria mensual xornada/Compl.31.200
Plus de locomoción mensual9.715
Plus de dispoñibilidade mensual10.000

96-8285