Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.455

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de Empresas Auxiliares de Astano, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Empresas Auxiliares de Astano, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-9-1996 e completada a documentación o 9-10-1996, subscrito en representación da parte económica por Dacrio, S.A., Montajes Cabral, S.L. e Indasa, e da parte social polos comités de empresa o día 23-8-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e notificación ás repre

sentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo Empresas Auxiliares de Astano, S.A.

Anos 1996 e 1997

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto do convenio.

O presente convenio colectivo ten por obxecto regula-las relacións económicas e sociais entre as empresas: Indasa, Montajes Cabral, S.L. e Dacrio, S.A., e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Carácter do convenio.

Declárase expresamente que as condicións pactadas son máis beneficiosas que as mínimas legais que ó traballador lle corresponden.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo será de aplicación ás empresas: Indasa, Montajes Cabral, S.L. e Dacrio, S.A., a actividade principal das cales se realiza no recinto da factoría de Astano, S.A. de Perlío-Fene.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

Este convenio será de aplicación á totalidade dos traballadores das empresas relacionadas no ámbito territorial.

Artigo 5º.-Vixencia. Denuncia e prórroga.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día da súa publicación no BOP e manteraa ata o 31 de decembro de 1997.

Non obstante, os seus aspectos salariais retrotraerán os seus efectos ó 1 de xaneiro de 1996 para aqueles traballadores que ata o ano 1988 tiveron reguladas as súas relacións laborais polo convenio colectivo de Empresas Auxiliares de Astano, S.A. Para o resto do persoal producirá os seus efectos económicos a partir do seu asinamento pola comisión negociadora.

Con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia calquera das partes poderá denuncia-lo convenio colectivo notificándollo á outra parte e á Delegación Provincial de Traballo; as partes comprometeranse a constituí-la comisión negociadora no prazo máximo dun mes.

No suposto de non mediar denuncia dentro do prazo indicado, este convenio colectivo prorrogarase de ano en ano tacitamente.

Artigo 6º.-Comensación e absorción-garantía ad personam.

As melloras económicas que no futuro calquera disposición obrigatoria puidese establecer absorberanse ou compensaranse globalmente.

Así mesmo, respectaranse, a título individual, as percepcións de calquera clase que sexan máis beneficiosas cás establecidas no presente convenio.

Así, para aqueles traballadores que ata o ano 1998 tiñan reguladas as súas relacións laborais polo convenio colectivo de Empresas Auxiliares de Astano, S.A., respectaranse na súa totalidade os dereitos adquiridos derivados da reconversión naval, establecéndose, ademais, un plus adicional que compensa o prexuízo económico que supón para estes traballadores a adopción do novo sistema de complementos salariais, proposto neste convenio, segundo o cal se modifican e desaparece o plus de toxicidade, penosidade e perigosidade, que con carácter fixo se establecía no anterior convenio colectivo, polo valores que constan na táboa salarial, os cales estarán suxeitos ós incrementos salariais que no futuro se apliquen.

Capítulo II

Xornada de traballo

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será en cómputo anual do mesmo número de horas cás que se pactan no convenio colectivo de Astano.

A distribución horaria e semanal da xornada de traballo será a mesma que realice a empresa Astano.

Durante a xornada haberá un descanso de 15 minutos de duración bocadillo que será computado como tempo efectivo de traballo.

Para aqueles traballos en que se necesite a continuidade destes a base de xornada de quenda, esta será de 37.5 horas semanais, quedando a expensas do cómputo de horas do convenio colectivo de Astano.

A dita xornada de quenda terá un descanso de 15 minutos de duración, sendo considerado o dito descanso como tempo efectivo de traballo.

Esta xornada de traballo será de aplicación sempre que os traballos se realicen dentro do recinto de Astano. Cando os traballos se realicen noutras empresas poderá ser de aplicación a xornada de traballo que estas empresas teñan regularizada, manténdose sempre a garantía de cómputo de horas anuais.

Artigo 8º.-Vacacións e pontes.

Segundo o artigo de xornada, os días pontes serán os mesmos que desfruten os traballadores de Astano.

No cómputo de haberes dos días ponte entrarán os seguintes conceptos: salario base, plus de asistencia, plus de carencia de incentivo, plus de condicións ambientais en media semanal e antigüidade.

Os días de vacacións serán retribuídos conforme a media obtida polo traballador, salarios, primas, antigüidade, plus de condicións ambientais, nos tres últimos meses traballados con anterioridade á data do seu inicio.

As vacacións terán que ser sempre desfrutadas e nunca compensadas en metálico.

-Restablecemento da xornada regulamentaria

Deberá terse en conta que todo o anterior se basea en que a producción durante a xornada haberá de ser equivalente á de mañá e tarde anterior.

Ben entendido que as empresas reservan para si o dereito a restablece-la xornada regulamentaria non continuada, en calquera momento en caso de que Astano a modificase.

Artigo 9º.-Licencias retribuídas.

O traballador, avisando coa suficiente antelación, poderá faltar ó traballo con dereito a percibi-lo seu salario base, antigüidade e plus de carencia de incentivos, polas seguintes causas:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio do traballador, non sendo a dita licencia computable dentro do período de vacacións.

b) 3 días en caso de nacemento de fillos, enfermidade grave ou falecemento de pais, cónxuxe, fillos e irmáns.

c) 2 días naturais en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando, por tales motivos, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 2 días máis.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual.

Cando conste unha xornada legal ou convencional un período determinado, observarase o que esta determine en canto á duración da ausencia e a súa compensación.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido, en máis do 20% das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1º do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo III

Ordenación económica

Artigo 10º.-Estructura salarial.

A remuneración do persoal afectado polo presente convenio colectivo estará constituída polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Complementos do salario.

Artigo 11º.-Incremento e revisión salarial.

Os incrementos retributivos correspondentes ós anos 1996 e 1997 serán os seguintes:

-Ano 1996.

Establécense salarios e demais conceptos retributivos segundo as táboas salariais adxuntas, aprobadas por mutuo acordo das partes.

Os atrasos por convenio aboaranse nos 2 meses seguintes ó seu asinamento.

-Ano 1997.

Aplicarase un incremento dun 4% sobre a táboa salarial e demais conceptos retributivos.

Rematado o exercicio de 1997, procederase a unha revisión salarial consistente en aplica-la diferencia positiva entre o IPC previsto polo Goberno e o IPC real deste ano sobre tódolos conceptos retributivos con efectos do 1-1-1997.

Artigo 12º.-Salario base.

Os salarios base establecidos por cada categoría profesional son os que se recollen na táboa salarial.

Artigo 13º.-Complemento do salario.

-Plus de antigüidade.

-Plus de carencia de incentivos.

-Plus de asistencia.

-Plus de condicións ambientais.

-Plus de xefe de equipo.

-Plus de quenda.

-Horas extraordinarias.

-Pagas extras.

Artigo 14º.-Antigüidade.

Aboarase un plus de antigüidade ó 4% do salario base por trienio.

Mantéñense os quinquenios (5%) e bienios que ata o convenio de 1978 se viñan percibindo e a partir do ano 1979 aplícanse trienios.

Artigo 15º.-Plus de carencia de incentivos.

Aboarase por este concepto o establecido na táboa do presente convenio.

Artigo 16º.-Plus de asistencia.

Aboarase por este concepto o establecido na táboa do presente convenio, que consistirá no aboamento dun plus por día efectivo de traballo.

Perderase o dereito a este plus mensual cando, no transcurso do dito mes, se falte tres días sen xustificar.

Por un día de falta sen xustificar descontaranse dous días do dito plus.

Non se considerará falta de puntualidade, para efectos de perda do dito plus, cando a suma dos minutos de atraso no traballo, entre a hora de entrada e/ou saída non exceda de cinco minutos.

Artigo 17º.-Plus de condicións ambientais.

Establécese un plus fixo de 200 pesetas por días de asistencia ó traballo, por este concepto.

Artigo 18º.-Plus de xefe de equipo.

A compensación que percibirán os traballadores que desempeñen esta función, consistirá no aboamento dos valores establecidos na táboa adxunta durante o exercicio real de tal función. A todos aqueles traballadores que na data do asinamento do convenio de 1981, viñesen percibíndoo quedaralles consolidado na cantidade de 4.500 pesetas mensuais.

Artigo 19º.-Plus de quenda.

Aboarase por este concepto o establecido nas táboas salariais.

Artigo 20º.-Horas extras.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de fomenta-la política solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase a supresión das horas extraordinarias habituais, mantendo así o criterio xa establecido en convenios anteriores.

É intención das partes asinantes a posibilidade de realizar novas contratacións, dentro das modalidades de contratación vixentes, en substitución das horas extrordinarias suprimidas.

Respecto ós distintos tipos de horas extraordinarias acórdase o seguinte:

a) Horas extras que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas.

b) Valor horas extras: tomarase como base de cálculo o valor da hora ordinaria que será multiplicada por un coeficiente de maioración en función da clasificación seguinte:

* Horas extraordinarias realizadas en días laborais: coeficiente = 1,60.

* Horas extraordinarias realizadas en noites e festivos: coeficiente = 1,75.

-Realización.

c) Os traballos que se realicen nos diques número 1 e 2 e a entrega de barcos de nova construcción conceptuaranse horas estructurais: mantemento, sempre que non poidan ser substituídas pola uti

lización das distintas modalidades de contratación prevista legalmente.

d) A dirección das empresas informará mensualmente os delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e a súa distribución, así mesmo en función desta información e dos criterios sinalados anteriormente. As empresas e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias, para efecto de cumpri-lo establecido na normativa vixente sobre cotización á Seguridade Social.

Artigo 21º.-Pagas de vencemento superior ó mes.

Serán as pagas extras de verán e Nadal e serán aboadas os días 15 de xullo e 22 de decembro.

As ditas pagas extras consistirán no aboamento de 30 días de salario base e antigüidade.

Para o persoal que non estea percibindo o plus de antigüidade aboaráselle por este concepto o valor dun trienio correspondente á súa categoría para efectos das ditas pagas, proporcional ó tempo traballado.

Artigo 22º.-Período de devengo de haberes.

Mantéñense as datas habituais de pagamento en cada empresa.

Artigo 23º.-Axudas de custo de viaxe.

En caso de necesidade de desprazamento, para efectuar traballos fóra da comarca, cada empresa acordará cos seus traballadores as cantidades que se percibirán por este concepto.

Capítulo IV

Dereitos sindicais

Artigo 24º.-Delegados de persoal.

Os delegados de persoal terán os dereitos e garantías sindicais recoñecidos no Estatuto dos traballadores, acordo interconfederal e Lei orgánica de liberdade sindical.

Capítulo V

Disposición sociais

Artigo 25º.-Economato e enfermería.

Constitúese unha comisión formada polos representantes legais dos traballadores e das direccións das empresas para xestionar perante a dirección de Astano, para que os traballadores afectados polo presente convenio teñan dereito ó economato laboral de Astano.

Garantirase un recoñecemento médico completo de carácter anual, igual có persoal de Astano e nas súas instalacións.

Artigo 26º.-Reserva do posto de traballo.

Os traballadores fixos do cadro de persoal que cesasen temporalmente na empresa por pasar a unha situación de invalidez provisional terá dereito, ó

seren declarados de novo aptos para o traballo, a seren reintegrados de novo ó seu posto de traballo, que con carácter normal ocupase na empresa na data na que causasen baixa temporal.

Cumpriría que o traballador o solicitase dentro do mes seguinte á data da súa declaración de apto por resolución firme do organismo competente, quedando a empresa obrigada a proporcionarlle ocupación efectiva no prazo máximo de 15 días seguintes á data en que o traballador formulase a súa petición de reingreso.

Se o traballador non o solicitase dentro do mes seguinte á data da súa declaración de apto pola súa resolución firme, a empresa quedará liberada das súas obrigas a readmitilo.

As empresas entregarán anualmente a cada productor tres fundas de traballo, sendo unha por cada catro meses, así mesmo a empresa dará unha compensación económica de 150 ptas. mes para aseo persoal.

Artigo 27º.-Comedor.

As empresas comprométense a aboar un 50% da cota por comensal de cada traballador que use os servicios do comedor de Astano, S.A., sempre e cando teña que continua-la súa xornada pola tarde, e cando por motivos de afastamento do seu domicilio se vexa necesitado de utilizalo, logo de solicitude á empresa.

Artigo 28º.-Percepcións económicas por enfermidade e accidente.

En caso de ILT por enfermidade común, as percepcións económicas para o traballador serán do 100% desde o 8º día no primeiro rebaixe do ano, e o 100% desde o décimo quinto nos demais rebaixes.

En caso de hospitalización debida a enfermidade común, enfermidade profesional e accidente de traballo, o 100% desde o primeiro día e durante os días que dure a hospitalización.

Artigo 29º.-Seguro colectivo.

Establecerase un seguro colectivo para o persoal afectado polo presente convenio, que cubrirá as seguintes garantías:

a) Por falecemento do traballador en accidente laboral, 3.000.000 de pesetas.

b) Por incapacidade total, absoluta ou gran invalidez para todo traballo, 3.000.000 de pesetas, sempre e cando se cause baixa na empresa.

c) Para o traballador que desempeñe as funcións de vixilante de seguridade, terá un seguro de responsabilidade de 5.000.000 de pesetas.

Artigo 30º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión de interpretación e vixilancia do convenio colectivo de composición paritaria formada por cinco membros en represen

tación dos traballadores e, en representación das empresas outros cinco.

As reunións da comisión celebraranse, logo de convocatoria escrita de calquera das partes.

Serán funcións da comisión analiza-las dúbidas e discrepancias que poidan xurdir en canto ó cum

primento do convenio colectivo e interpretación, cando proceda.

Relación de asinantes: Indasa, Dacrio, S.A., Montajes Cabral, S.L., UGT e CIG.

23 de agosto de 1996.

Táboas salariais 1996Traballadores

Traballadores de nova incorporaciónanteriores

ano 1988

CategoríaS. baseAsistenciaP.C.I.Plus C.A.ExtrasTotalPlus fixo Adic.

Oficial 1ª1.112.155113.620227.83859.800182.8201.696.233350.830
Oficial 2ª1.088.065113.620222.75559.800178.8601.663.100352.423
Oficial 3ª1.060.325113.620217.07459.800174.3001.625.119362.213
Especialista1.054.485113.620215.87859.800173.3401.617.123366.211
Peón1.033.680113.620211.69259.800169.9201.588.712368.005
Mestre taller1.229.760113.620255.34659.800204.9601.863.486276.488
Encargado1.127.880113.620234.11759.800187.9801.723.397363.059
Administrativo 1ª1.182.240113.620245.97959.800197.0401.798.179100.980
Administrativo 2ª1.127.880113.620234.11759.800187.9801.723.397110.980
Auxiliar1.060.200113.620220.06459.800176.7001.630.384119.687

CategoríaS. baseP. Asist.P.C.I.Plus C.A.Xefe equipoT. díaT. nochePlus fixo adic.

Oficial 1ª3047380762200492492987961
Oficial 2ª2981380745200485485967966
Oficial 3ª2905380726200470470938992
Especialista28893807722004704709361.003
Peón28323807082004564569121.008
Mestre taller102.4803808542004851014758
Encargado93990380783200476993995
Administrativo 1ª98520380821200275
Administrativo 2ª93990380783200364
Auxiliar88350380736200328

8124