Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/156-2-3668 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. subministración Est. de control ambiental Vilariño.

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: liña de media tensión 15 kV, cunha lonxitude de 1.785 metros, con conductor LA-56. Centro de transformación de 100 kVA 15/20 kV, 398/230 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión de 1.100 metros de lonxitude e conductores R.Z.-0,6/1 kV, para subministración estación de control ambiental en Vilariño, concello de Guitiriz.

Orzamento: 7.409.267 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 14 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo