Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/59-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se detalla:

Solicitante: Desarrollos Eólicos.

Enderezo social: polígono de Pocomaco, parcela F-16,15000 A Coruña.

Denominación: L.A.T. de 66 kV da planta eólica de Zas con Subest. Vimianzo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-180, nun só circuíto, de 17.666 m de lonxitude, con orixe na planta eólica de Zas, de Desarrollos Eólicos, S.A. e final na subestación eléctrica de Vimianzo de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. discorrendo polos concellos de Santa Comba, Zas e Vimianzo cunhas lonxitudes de 1.315 m, 6.925 m e 9.426 m respectivamente.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 5 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña