Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/165-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2. 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. en urbanización Fonte do Espiño.

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea en dobre circuíto, a 15/20 kV, de 665 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al, que parte da

L.M.T. Lamastelle-Mera-Sada e final no C.T. que se vai construír na urbanización Fonte do Espiño, de 400 kVA a 15 kV-B2. Concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña