Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.411

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1996 pola que se nomea a María Elena González Rodríguez profesora titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería (praza 46/1995).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta Universidade de Vigo, do 27 de outubro de 1995 (BOE do 24 de novembro), para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, a prol de María Elena González Rodríguez, DNI nº 34.930.480, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2 do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Elena González Rodríguez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de novembro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo