Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.411

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1996 pola que se nomea a José Roselló Valle catedrático de universidade da área de coñecemento de debuxo (praza 54/1995).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta Universidade de Vigo, do 30 de novembro de 1995 (BOE do 25 de decembro), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de debuxo, a prol de José

Roselló Valle, DNI nº 19.105.253, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Roselló Valle, catedrático de universidade da área de coñecemento de debuxo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de novembro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo