Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta Universidade de Vigo, do 27 de outubro de 1995 (BOE do 24 de novembro), para a provisión dunha praza de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos, a prol de Regina Ibáñez Paz, DNI nº 36.092.985, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2 do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Regina Ibáñez Paz, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados
desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 26 de novembro de 1996.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo