Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.410

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1996 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II, a Juan Manuel Sánchez Quinza-Torroja.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado

por resolución da Universidade da Coruña do 27 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril) para a provisión da praza número 95/006 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II desta universidade, a favor de Juan Manuel Sánchez Quinza-Torroja, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Manuel Sánchez Quinza-Torroja, profesor titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II desta universidade.

A Coruña, l9 de novembro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña