Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.396

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo da empresa Agua de Sousas, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Agua de Sousas, S.A.(código nº 3200032) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 17-10-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo delegado de persoal, o día 19-8-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de fun

cións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 22 de outubro de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo Aguas de Sousas, S.A.

1996-1997

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

As disposicións incluídas no presente convenio regularán a súa vixencia, as relacións laborais que nel se establecen entre a empresa Aguas de Sousas, S.A. e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Estará afectado polo presente convenio todo o persoal da empresa, agás, as persoas que exerzan funcións de alta dirección e alto consello.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e prórroga.

A duración deste convenio será de dous anos, comezando os seus efectos económicos o 1 de xaneiro de 1996 e rematando o 31 de decembro de 1997. O convenio prorrogarase de ano en ano se non fose denunciado por unha das partes polo menos cun mes de antelación ó final da súa vixencia.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes do presente convenio serán compensadas e absorbidas, ata onde chegue o cómputo anual, con aquelas outras que se puidesen establecer por disposición legal ou que establecese a empresa, agás que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para resolve-las dúbidas que puidesen xurdir sobre a aplicación do convenio, constitúese unha comisión mixta composta polos vocais que interviñeron na negociación e elaboración do convenio.

Artigo 6º.-Clasificación do persoal.

Por disposicións legais obrigatorias e por necesidades das empresas, cómpre crear e definir novas categorías:

Técnico titulado de laboratorio: é o que, con título facultativo oficial, realiza as funcións de analista de control de calidade, con responsabilidade, dependendo directamente da dirección da empresa.

Laborante: é o productor que ten ó seu cargo un grupo de persoas que dirixe e orienta na execución dos traballos dun determinado servicio.

Peón: é o operario que executa labores para as que se require predominantemente esforzo físico, sen necesidade de ningunha práctica operativa. Esta categoría só se lle podará aplicar ó persoal contratado por tempada para carga e descarga, e non ó ingresado como fixo do cadro de persoal, como operario de embotellamento.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada de traballo de 40 (corenta) horas semanais. O persoal de distribución e reparto, mentres que estea adscrito a estes traballos, podará ser excluído nesta xornada sempre que, de común acordo coa empresa, se fixen compensacións económicas para as posibles variacións que poida te-la xornada, tendo en conta as características especiais que presenta a distribución e reparto.

Para efectos de cómputo como xornada efectiva de traballo establécese que, no caso de realizarse xornada continua, os traballadores terán dereito a 15 minutos de descanso para bocadillo por conta da empresa entre os meses de setembro e abril, ambos inclusive.

Os restantes catro meses de maio ata agosto, ambos inclusive, os 15 minutos de descanso para bocadillo non se computarán como tempo efectivo de traballo; non obstante a empresa dará un día de descanso retribuído en compensación por eses meses que se desfrutará entre setembro e abril, ambos inclusive, logo do acordo entre o traballador e a empresa.

Artigo 8º.-Vacacións.

Os traballadores terán dereito a 30 días naturais de vacacións. O salario que percibirán durante o período de vacacións será o real estipulado no presente convenio.

As vacacións serán concedidas de acordo coas necesidades do servicio, procurando comprace-lo persoal, se ben a empresa reserva para si a facultade de concedelas fóra da época de campaña comprendida entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, ámbalas dúas datas inclusive.

Non obstante o anterior, o persoal contido neste convenio terá dereito a fracciona-lo seu descanso vacacional en dous períodos, un de 22 días ininterrompidos e outro de 8 días, tendo sempre presentes as necesidades do servicio.

Artigo 9º.-Licencia e permisos.

O traballador, tralo aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e tempo seguintes:

A) Quince días naturais no caso de matrimonio.

B) Dous días nos casos de nacemento dun fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes de ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento, o prazo será de catro días.

C) Un día por traslado de domicilio natural.

D) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó disposto en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1 do artigo 46 desta lei.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o seu importe do salario ó que tivese dereito na empresa.

E) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

As traballadoras, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai, no caso de que ámbolos dous traballen.

Quen, por razón de garda legal, teña ó seu cuidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Artigo 10º

A retribución convida constará de:

-Salario base.

-Complementos salariais.

Artigo 11º.-Salario base.

O salario base e os complementos salariais que rexerán desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996 serán os que figuran na táboa de salarios anexa e que supón un incremento do 3,75% sobre o salario base e complementos salariais negociado para o ano 1995.

Para o ano 1997 o salario base e complementos salariais que figuran na táboa de salarios anexa supón un incremento do 3,25% sobre o salario base e complementos salariais correspondentes ó ano 1996.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade consistente en trienios ó 4% sobre o salario base.

Artigo 13º

Establécese o dereito á percepción dunha gratificación de carencia de incentivos como prima de productividade e asistencia.

A contía da gratificación é a que se establece por día de traballo efectivo na táboa de salarios anexa.

O dereito á percepción desa gratificación perderase total ou parcialmente polas seguintes causas.

A) O 25% da gratificación corresponde ó salario dun día, por falta de puntualidade de ata cinco minutos. A reincidencia neste tipo de falta agravarase co 50%.

B) O 75% da gratificación correspondente ó salario dun día, por falta de puntualidade superior a cinco minutos e ata media hora.

C) O 100% por máis de media hora sen chegar ó día completo.

D) O correspondente a tres días por faltas de asistencia.

E) O correspondente a quince días pola imposición dunha sanción de carácter moi grave.

F) O abandono do traballo antes da hora sinalada, a non incorporación á hora xusta e as interrupcións inxustificadas consideraranse como faltas de puntualidade, para estes efectos.

Artigo 14º.-Sistemas de incentivos.

A empresa poderá establecer calquera outro sistema de incentivos. O devandito sistema de remuneración por rendemento representará como actividade normal do traballo a de 100 unidades do sistema centesimal ou 60 puntos de Bedaux. A actividade óptima estará valorada en 140 unidades centesimais ou 80 puntos de Bedaux.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias, que serán aboadas en xullo, outra en decembro e outra no primeiro trimestre do ano por anos vencidos, aboándose a razón dunha mensualidade de salario real.

Artigo 16º.-Xubilación.

Ó cesa-lo traballador na empresa por xubilación, concederáselle unha indemnización de salario base

máis antigüidade, en proporción ós seus anos de servicio na empresa, conforme a seguinte escala:

-5 anos: dúas mensualidades.

-10 anos: tres mensualidades.

-15 anos: catro mensualidades.

-20 anos: cinco mensualidades.

-25 anos: seis mensualidades.

-De 30 en diante: unha anualidade.

Artigo 17º.-Gratificación de vixilancia e garda xurado.

En concepto de perigosidade establécese unha gratificación para os que exerzan as anteditas funcións, consistente no 10% do salario base.

Artigo 18º.-Auxiliares administrativos.

Os auxiliares administrativos, ós seis anos de exercere-las devanditas funcións na empresa, deberán ascender á categoría de oficiais administrativos.

Artigo 19º.-Seguro de vida, accidentes e invalidez permanente.

A empresa estará abrigada a manter un seguro para todo o persoal afectado polo presente convenio que cubra as seguintes continxencias e coas seguintes indemnizacións.

-Morte por accidente: 1.000.000 de ptas.

-Morte por calquera outra causa: 500.000 ptas.

-Invalidez permanente: 2.000.000 de ptas.

O beneficiario no caso de invalidez permanente será o traballador, e no caso de morte nas dúas modalidades que recolle o convenio será o cónxuxe ou, se é o caso, os habentes dereito do traballo asegurado.

O prazo para concertar este seguro para o persoal de novo ingreso será de tres meses a partir do día en que o traballador entre na empresa.

Artigo 20º.-Gratificacións por matrimonio.

Tódolos traballadores cunha antigüidade de, polo menos, tres anos na empresa, terán dereito, cando casen, a unha gratificación dun mes de salario máis antigüidade.

Artigo 21º.-Incapacidade temporal.

Cando un traballador se encontre en incapacidade temporal como consecuencia dun accidente de traballo percibirá o 100% do salario que viña percibindo a partir do día seguinte ó de se produci-lo antedito accidente.

Cando un traballador se encontre en incapacidade temporal como consecuencia dun accidente non laboral, enfermidade común ou enfermidade profesional percibirá o 100% do salario que viña percibindo a partir da segunda semana consecutiva que se encontre na dita situación.

Cláusula derradeira.

En todo o que non estea previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto na Regulamentación de establecementos balnearios do 3 de xuño de 1959 e nas demais disposicións legais vixentes.

O presente convenio é asinado pola empresa Aguas de Sousas, S.A. e polos representantes dos traballadores no seo da empresa, pertencentes á central sindical Unión Xeral de Traballadores (UGT), ámbalas partes, con capacidade legal bastante segundo o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Táboa salarial de Aguas de Sousas, S.A.

para o ano 1996

CategoríasSalarioP.C.I.

-Persoal técnico
Licenciados titulados superiores133.597
Técnicos titulados113.789
Peritos e asimilados113.789

-Non titulados
Encargado xeral113.789
Encargado de sección106.236

-Persoal administrativo
Xefe de 1ª77.1861.741
Xefe de 2ª77.1861.741
Oficial de 1ª77.1861.303
Oficial de 2ª77.1861.154
Auxiliar77.186797

-Persoal comercial
Xefe de vendas113.789
Inspector de vendas77.1861.303

-Persoal obreiro
Capataz2.6641.303
Operario de embotellamento2.6641.152
Aprendiz2.664

-Oficios varios
Oficial de 1ª2.6641.303
Conductor-repartidor2.6641.303
Oficial de 2ª2.6531.154
Oficial de 3ª2.6531.154
Axudante, conductor, laborante2.727797

-Persoal subalterno
Peón, almaceneiro, ordenanza2.330807
Cobrador, vixilante, porteiro2.330807
Conserxe, telefonista2.330807
Xardineiro, limpadora2.330807

Táboa salarial de Aguas de Sousas, S.A.

para o ano 1997

CategoríasSalarioP.C.I.

-Persoal técnico
Licenciados titulados superiores137.939
Técnicos titulados117.487
Peritos e asimilados117.487

-Non titulados
Encargado xeral117.487
Encargado de sección109.689

-Persoal administrativo
Xefe de 1ª79.6951.798
Xefe de 2ª79.6951.798
Oficial de 1ª79.6951.345
Oficial de 2ª79.6951.191
Auxiliar79.695823

-Persoal comercial
Xefe de vendas117.487
Inspector de vendas79.6951.345

-Persoal obreiro
Capataz2.7511.345
Operario de embotellamento2.7511.189
Aprendiz2.751

CategoríasSalarioP.C.I.

-Oficios varios
Oficial de 1ª2.7511.345
Conductor-repartidor2.7511.345
Oficial de 2ª2.7391.192
Oficial de 3ª2.7391.192
Axudante, conductor, laborante2.816823

-Persoal subalterno
Peón, almaceneiro, ordenanza2.406833
Cobrador, vixilante, porteiro2.406833
Conserxe, telefonista2.406833
Xardineiro, limpadora2.406833