Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 430/1996, do 29 de novembro, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra de alargamento e mellora da estrada Meira-Ponte Soutelo, treito: Meira-Alto do Couso (clave E/SC/96.50).

Con data do 30 de outubro de 1996 o director xeral de Obras Públicas e Transportes por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da obra de alargamento e mellora da estrada Meira-Ponte Soutelo, treito: Meira-Alto do Couso (clave E/SC/96.50).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada pola súa incidencia na seguridade vial.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa

reunión do día vintenove de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único

Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto da obra de alargamento e mellora da estrada Meira-Ponte Soutelo, treito: Meira-Alto do Couso (clave E/SC/96.50).

Santiago de Compostela, vintenove de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda