Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de novembro de 1996 pola que se crea o centro privado de formación profesional específica denominado Seforma en Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente presentado por José Luis Sanz Escribano en representación da sociedade Seforma, S.L. polo que solicita a creación dun centro de formación profesional específica para impartir ciclos formativos da familia profesional administración.

Vista a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991 (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarios; Real decreto 1659/1994 (BOE do 30 de setembro), polo que establece o título de técnico superior en administración e finanzas; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros privados e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa. Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo centro de formación profesional específica denominado Seforma segundo os datos que no anexo se especifican.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Areal, 68-70.

Denominación: Seforma.

Titular: Seforma, S.L.

Unidades: 2 unidades de formación profesional específica da familia profesional administración.

Ciclo formativo de grao superior que se autoriza: administración e finanzas.