Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 12 de decembro de 1996 Páx. 11.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/141-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado I L.M.T., CC.TT. en Traba e Paradela.

Situación: Rianxo.

Características técnicas: modificado o proxecto de liña eléctrica Traba-Capela (expediente 51874) consistente en: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 90 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Pousadas-Paradela e final nos centros de transformación de Traba e Paradela.

Centros de transformación aéreos de 50 kVA/U en Traba e Paradela, con tensións de 20/0,380-0,220 kV e redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 625 m de lonxitude. Rianxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9024