Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Fontedíaz-Pousada.
Situación: Touro.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 258 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Fontedíaz-Pousada (expediente 33911) e final no C.T. que se vai instalar en Pena. Centro de transformación aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Pena, do que parte, rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 140 m. Touro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 21 de novembro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
8934