Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 12 de decembro de 1996 Páx. 11.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/140-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. de 50 kVA e R.B.T. en Lamas.

Situación: Padrón.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e conductor LA-56, de 22 m con orixe na liña Padrón-Pontevea e final no C.T. que se vai instalar denominado Lamas.

Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Lamas, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 410 m de lonxitude. Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9025