O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na sesión celebrada o día tres de outubro de mil novecentos noventa e seis, adoptou o acordo que ten unha parte dispositiva do seguinte teor literal:
«Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado Comieira e Violante de 46 ha, aproximadamente, de superficie, a favor dos veciños de Lobios, no Concello de Porqueira (Ourense), e coas estremas descritas no considerando terceiro, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.
Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza».
Notífiqueselle esta resolución ó alcalde-presidente do concello, ó representante da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, logo de comunicación á que se refire o artigo 110. 3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.
Ourense, 3 de outubro de 1996.
José Manuel Baltar Blanco
Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
8901