Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/162-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2. 15000 A Coruña.

Denominación: LMT e CT Ares II, Avda. de Mugardos.

Situación: Ares.

Características técnicas: Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor RHV 12/20 kV de 3(1x150) mm AL, de 570 m de lonxitude, con orixe no CT denominado Ares II e final no CT denominado Avda. de Mugardos.

Reforma dos CC.TT. Ares II e Avda. de Mugardos e ampliación das redes de baixa tensión en 600 m de lonxitude, con conductor RZ, grampado sobre fachada subterráneo e sobre apoios de formigón. Ares.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas ale

gacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-8452