Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 35-1/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966 do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1996 do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Electra Santa Comba, C.B., con enderezo na Avda. Tomé Taboada, nº 130, 15841 Santa Comba (A Coruña), como entidade beneficiaria, de declaración de urxente ocupación para imposición de servidumes de paso de:

-Liña eléctrica aérea a 15/20 kV. de 804 m de lonxitude, centro de transformación en San Bartolomeu e rede de baixa tensión, no termo municipal de Santa Comba.

A declaración de utilidade pública, en concreto, das referidas instalacións, que foi outorgada con data 22-5-1996, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1996.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación desta resolución que se fará no DOG, no BOP e no xornal El Correo Gallego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1996, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formular alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposta nesta delegación, sección de Expropiacións, no edificio administrativo Monelos, s/n, 15171 A Coruña,

en horas de oficina, a solicitude e planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Infórmase ós propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa nela ou por escrito que se reciba nesta delegación, os datos para identificación dos bens que se afectan; e que, de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 12 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial de A Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Expediente nº: 35-1/1996.Provincia: A Coruña.

Líña L.M.T. ó C.T.C. de San Bartolomeu.Concello: Santa Comba.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

2SangriñalPasteiroMaría Ferreiro GarcíaO Busto

Santa Sabiña

111401.680

3/1SangriñalMonteMaría Ferreiro GarcíaO Busto

Santa Sabiña

1425,5

8845