Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 14 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se publica, para os efectos de notificación, a proposta de resolución de expediente sancionador 66/1996.

En aplicación do Art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle ó expedientado que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, a proposta de resolución de expediente sancionador, por infracción á Orde do 2 de setembro de 1986 (DOG do 18 de setembro), sobre inscrición no rexistro de Sanidade.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contado a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para examina-lo expediente e presentar alegacións, na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), segundo o preceptúa o Art. 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

Nº de expediente: OUR-66/96

Destinatario: Embutidos O Carballal, S.L..

Enderezo: Almoite, s/n, Baños de Molgas (Ourense).

Ourense, 14 de novembro de 1996.

Mª Isabel Suárez García

Instructora

9042