Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/159-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2. 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. Paseo de Ronda, 28.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm AL, de 130 m de lonxitude, con orixe na liña Peruleiro-Escola de Comercio e final en C.T. que se vai instalar denominado Paseo de Ronda núm. 28. Centro de transformación en edificio vivendas en r/ Paseo de Ronda, 28 de 1000 kVA encapsulado en resina e en tensións de 20/0, 380-0, 220 kV. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8847