Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/52-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Ingeniería, Energías Especiales.

Enderezo social: María Luisa Durán Marquina, 20, 15001 A Coruña.

Denominación: L.A.T: 66 kV de Subst. Boiro e Subst. Bodión.

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-180, de 2.695 m de lonxitude, con orixe na subestación da planta de coxeración en punta do Bodión e final na subestación de Boiro de Unión Fenosa, S.A.. Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8846