Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/185-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2. 15000 A Coruña.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Situación: Sada.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 269 m de lonxitude que parte do último apoio da L.M.T. a C.T. albergue xuvenil de Gandarío, expediente 26.117, e final no C.T. que se vai construír.

Tipo prefabricado de 250 kVA denominado: Gandarío-albergue xuvenil. Concello de Bergondo a P5/20 kV de 269 m de lonxitude que parte do último apoio CT que se vai construír. Tipo prefabricado de 250 kVA denominado Gandarío-albergue xuvenil. Concello de Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8833